denunciadas eran as da Muralla
· O Valedor tamén reclama ao Concello que dé explicacións sobre as
cámaras de tráfico
O Valedor do Pobo ven de tramitar dúas novas reclamacións do Movemento polos
Dereitos Civís contra as cámaras das rúas de Lugo. Concretamente reclama que
o Concello conteste ás preguntas formuladas polo MpDC en relación coas
cámaras de tráfico e pide explicacións sobre as cámaras instaladas na Zona
Monumental da cidade.
Cámaras de Tráfico
Fronte a sospeita do MpDC de que as cámaras estéxanse usando para outros
fins, sobre todo as cámara da Muralla, e ante o antecedente da utilización
das cámaras para espias os veciños o MpDC reclamou ao Concello que:
· acredite mediante calquera medio de proba que as cámaras
instaladas para o control do trafico cumpren con tódolos requisitos esixidos
polas normas, é dicir, principio de proporcionalidade
· Que se remitan os informes nos que se baseou dito Concello para
proceder á instalación de ditas cámaras e por tanto xustificou o principio
de proporcionalidade e idoneidade.
· Que se informe a esta parte quén ten encomendada a custodia das
imaxes, así como qué mecanismos de control se prevén para garantir os
Dereitos dos cidadáns.
Nota anterior sobre as cámaras da Muralla:
http://mpdc.blogspot.com/2010/08/o-mpdc-sospeita-que-se-esta-cometer.html
Cámaras da Zona Vella.
Ante a enorme confusión existente sobre a titularidade das cámaras
existentes no Concello, o Valedor do Pobo volve a interesarse por unhas
cámaras instaladas nesta zona da cidade e que ninguén conseguiu concretar de
quen dependente e tampouco constan nos rexistros existentes.
Contacto: 610858850
0 comentarios:
Publicar un comentario