Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O MpDC sospeita que se está a cometer fraude de lei coas cámaras da Muralla

Written By Virgulino on 13/8/10 | 9:29

· Segundo o información da AGPD consta como "Videovigilancia
Muralla, relativo al control del tráfico y seguridad ciudadana"

· Que non existen autorizacións para cámara de seguirdade cidadá en
Lugo foro do Ceao.

Renato Núñez, portavoz do MpDC, informou que preguntou ao Conocello de Lugo
polas Cámaras da Muralla en Abril, Xuño e Setembro do 2006 e non foi ata o
13 de decembro cando a Policía Local contestou que a "Delegación del
Gobierno en Galicia autorizó la instalación de cinco videocámaras para el
control exclusivo del monumento romano" desde o 26 de Abril.

En Xuño do 2007 o "Defensor del Pueblo" afirmou que as cámaras non foron
instaladas e o 26 de Xuño do 2007 caducou a autroización da Delegación do
Goberno que non se renovou. Nembargante, o 28 de Outubro do 2008 o Concello
de Lugo decide publicar no BOP a creación do rexistro de grabacións
denominado "Videovigilancia Muralla" e o 13 de Novembro do 2009 a Policía
Local emite un informe xustificando a instalación de videovixilancia, na
protección da Muralla e a eliminación de pintadas (adjunto documento
"informe policía municipal")

En Xaneiro do 2010 a AGPD informa da existencia dun arquivo denominado
"Videovigilancia Muralla, relativo al control del tráfico y seguridad
ciudadana" (axúntase documento "informe AGPD" e en Marzo do 2010 a
Delegación do Goberno afirma que non existe ningunha autorización vixente ou
solicitud de autorización para a instalación de cámaras na zona monumental.
(adjunto documento "Delegación do Goberno, zona monumental de Lugo")

Parece evidente que finalmente o Concello de Lugo instalou as cámaras co
obxectivo de garantir a seguirade cidadá e evitar as pintadas sen contar con
ningunha autorización da Delegación do Goberno e que está cometendo un
fraude de lei ao afirmar que as cámaras son parao control do tráfico. Este
foi obxectivo inicial das videocâmaras e parece ser a utilización final que
se lle está dando sengundo o informe da Policía Local e a función do
rexistro presentado perante a AGPD.

Por todo isto, o MpDC solicitou ao Defensor del Pueblo que aveigüe cal é a
función real das cámaras, e lembrou que no ano 95 as cámaras de tráfico de
Lugo utilizáronse para grabar uns xoves en situación íntima dentro da súa
vivenda.

Cámaras no entorno do Pazo de Orbán

O Concello de Lugo ven de afirmar ao Valedor do Pobo que as cámaras de
videovixiancia instaladas no entorno do Pazo de Orbán son de control de
Tráfico e que son precisamente as cámaras da Murlla.Para o MpDC o Concello
está intentando crear confusión e llo fixo saber ao Valedor remitindo vídeo
e imaxes das cámaras.

Cámaras Parques Infantís, Sala Porta Miñá e San Roque

O MpDC tamén remitiu hoxe, ao Concello de Lugo, solicitando información
sobre os proxectos manifestados polo Concello de instalar cámaras nos
parques infantis, na Sala Miña e en San Roque.

Renato Núñez 605550553

0 comentarios:

Publicar un comentario