• A AGPD considera xustificado que o Concello de Compostela non permitira o acceso ás imaxes para comprobar a perda dunha chaqueta
• Demóstrase que non é útil para resolver roubos ou actos de vandalismo
Pasado Abril de 2010, un veciño de Compostela solicito o acceso as imaxes das cámaras da Quintana para comprobar a desaparición dunha prenda de roupa coa súa carteira ante a dúbida de si foi un extravío ou roubo. Concretamente pedía ” o acceso ás imaxes das gravacións efectuadas polas cámaras de vídeo vixilancia sitas na Praza da Quintana, correspondentes ás 12:30 horas do día 5 de Abril, para dese xeito coñecer o paradoiro das miñas pertenzas “
Ante a falta de contestación do Concello, que está obrigado por Lei a responder, solicitou amparo a Axencia Española de Protección de Datos que veio a desestimar o dereito de acceso en base a que “En el presente caso, el reclamante presentó un escrito ante el Concello solicitando el acceso a las grabaciones de las cámaras de videovigilancia de una plaza de Santiago de Compostela para conocer el paradero de unas pertenencias perdidas en esa plaza. Examinada la solicitud del reclamante se observa que su pretensión no es acceder a su propia imagen, sino de todas aquellas personas que había en el citado emplazamiento, teniendo acceso, de este modo, a imágenes de terceros.” e polo tanto “procede inadmitir la presente reclamación de Tutela de Derechos”
A Conclusión final é que non se pode acceder á imaxe para comprobar si foi un roubo o extravío porque pode saír imaxes de terceiros. Si a este feito sumamos que en Compostela roubouse a Placa que recordaba o Príncipe de Asturias no medio do Obradoiro, houbo varios roubos e actos de vandalismo no Toral e siguen aparecendo pintadas na zona vella, incluso con múltiples cámaras privadas (El Correo Gallego, Caixa Galicia, Torreiro y Asociados, Dirección Xeral de Turismo, Museo Granell …) pon en sería dúbida a utilidade duns dispositivos que se mostran especialmente caros, conflictivos e que retiran efectivos policiais das rúas.
0 comentarios:
Publicar un comentario