• Artemis Rallo rexeitou a investigación dunha denuncia, a pesar da gran cantidade de probas presentadas.
• O MPDC considerada que cometeu un delito de prevaricación
O 15 de xullo de 2010, o MPDC presentou unha denuncia á Axencia Española de Protección de Datos por unha cámara instalada na fachada dun edificio de Compostela. Para demostrar que a cámara enfocaba á vía pública enviáronse fotos coas cámaras enfocando en dirección oposta á fachada. Ademais, informouse que non había cartel de advertencia de zona videovixiada.
A AGPD arquivo a queixa, alegando que a cámara é semellante a un videoporteiro, céntrase na porta de acceso á propiedade e non ten capacidade de gravar. Segundo Artemis Rallo, é crible que a cámara se utiliza de videoporteiro porque a propiedade está situada nunha zona histórica de Santiago e a normativa de urbanismo non permite perforar a fachada do edificio. Tamén cre que queda demostrado que hai cartel de zona videovixiada na fachada do edificio e, finalmente, di que a cámara está instalada nun balcón.
Nembargante, o MpDC non denunciou ningunha cámara instalada en ningún balcón e presentou recurso de reposición. En realidade no edificio non hai cámara ningunha en ningún balcón. Aporta fotos da fachada do edificio coa cámara anclada na mesma e que ten telefonillo que podería se substituído por un videoporteiro. Ademais, presenta fotos da cámara enfocando en distintas dirección, incluído á vía pública, tamén presenta fotos de que non hai cartel de zona videovixiada. Algúns días despois presenta máis fotos e un vídeo da fachada do edificio.
A Axencia Española de Protección de Datos rexeita o recurso insistindo que o MpDC denuncia unha cámara instalada no balcón do edificio (a AGPD decide o que se denuncia, incluso cando non existe xa que non hai cámaras no balcón dese edificio) que existen carteis de zona videovixiada na fachada do edificio (seguen sen existir a día de hoxe) que a cámara enfoca á porta de entrada do edificio (a pesar das fotos coas cámaras enfocando en distintas direccións) que se utiliza como videoporteiro ante a imposibilidade de instar un por mor da normativa urbanística (a pesar de que no edificio existe telefonillo e que cámara está anclada na fachada do edificio) Ante o evidente da resolución contraria á legalidade, o Movemento polos Dereitos Civís presentou denuncia ante a Fiscalía da Audiencia Nacional por prevaricación ao considerar que a AGPD obvió todas as probas presentada polo denunciante para iniciar unha investigación, e outorgou á documentación presentada polo denunciado valor probatorio, a pesar das claras contradicións, e solicita á Fiscalía que "tenga a bien aceptar este escrito así como los documentos anexos (expediente completo que se encuentra en poder del denunciante) e inicie un procedimiento por el que se investiguen los hechos denunciados con el objetivo de aclarar los motivos por el que el Artemi Rallo Lombarte decidió no abrir investigación contra la empresa denunciada a pesar de la multitud de evidencias"
Denuncia perante a Fiscalía da Audiencia Nacional contra Director da "Agencia Española de Protección de Datos"
Written By Virgulino on 18/5/11 | 18:12
Etiquetas:
AGPD,
Concello de Pontedeume,
Concello de Santiago de Compostela,
Defensor del Pueblo,
Dereito ao honor intimidade e á imaxe,
Dereito das Persoas,
Valedor do Pobo,
Videovixilancia
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario