· Resulta indignante que trate desta maneira á cidadanía
· O Delegado do Goberno debe dar explicacións pola actuación policial
O Movemento polos Dereitos Civís non entende que despois de dous días o Delegado do Goberno siga sen informar sobre a actuación policial do martes no partido do Deportivo. Considera que esta actitude volve aos peores momentos do exercicio da responsabilidade por parte de Diz Guedes. A estas alturas debería ter dado algunha explicación sobre o acontencido no Bar Café Norte ou porque se carga con calquera pase pola rúa pola actuación duns poucos.
O MpDC reclama que se convoque o Consello Autonómico de Seguridade Cidadán e que o Delegado do Goberno e os Responsables da Policía den explicacións. Este organismo leva catro anos sen reunirse mentres acontecen barbaridades deste tipo.
0 comentarios:
Publicar un comentario