Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

As cámaras do Centro de Informática de Caixanova "captaban unha porción importante da vía pública"

Written By Virgulino on 9/5/11 | 12:29

·         Segundo certificación dunha empresa de protección de datos enviado á Agencia Española de Protección de Datos.

·         Corrixíronse o enfoque das cámaras despois da denuncia do MpDC

·         Nembargante o MpDC ten constancia de que, polo menos, unha cámara sigue enfocando á vía pública

 

En novembro do 2009 o MpDC pediu a Caixanova poder comprobar que as súas cámaras de Lopez Mora non enfocaban ao interior de vivenda e á vía pública. Esta petición veio por mor da denuncia de veciños da propia Caixanova que vían como cámaras a varios metros de altura estaban a enfocar as súas vivendas. Diante a falta de contestación de Caixanva o MpDC presentou denuncia a Agencia Española de Protección de Datos . Semanas despois, varias cámaras apareceron con parte da súa "cúpula" tapada con cinta vermella para impedir a visualización da vía pública. Nembargante o MpDC detectou que a cámara da porta da entrada sigue enfocando directamente á vía Pública e non á entrada do recinto.

 

Hoxe chegou resolución da AGPD na que se confirma que "se ha corregido el enfoque de algunas cámaras que captaban una porción importante de vía pública". Este texto ven extraído do informe dunha empresa externa APPLUS NORCONTROL, SLU que certifica que as cámaras enfocaban á vía pública. Ademais, as cámaras dispoñen de ZOOM.

 

Sorprendentemente a AGPD volver a arquivar o expediente como xa fixo no seu día coas cámaras instaladas na Deputación de Lugo. Despois de comprobar que as cámaras gravaban á vía pública, algo prohibido por lei e que supuxo unha sanción de 30.000€ no caso da SGAE, a AGPD considera que como xa non se dá a situación de vulneración de dereitos que non corresponde sanción.

 

Hai que lembrar que si non fora pola denuncia do MpDC se seguiría tendo lugar a vulneración de dereito, pero neste caso se sigue dando unha situación máis grave. O día 7 unha das cámaras de Caixanova seguía enfocando á vía pública sen ningún tip de impedimento.

0 comentarios:

Publicar un comentario