O MpDC ven denunciando que este organismo de Participación Cidadá non funcional desde a súa creación
A Delegación do Goberno non quixo informar de porque non se reúne
A súa creación foi publicitada a bombo e platillo
Entre os presupostos básicos dos Consello de Seguridade Cidadá atópase: Promover e facilitar a corresponsabilización dos cidadáns na formulación das políticas de seguridade e o seu posterior seguimento,
Profundizar na coopera das Forzas e Corpos de Seguridade cos cidadáns e o seu movemento asociativo, Posibilitar un maior acercamento da administración da seguridade pública ao cidadán e unha maior axilización no funcionamento da mesma .
Resulta complicado facer todo isto sen que se reúnan en catro anos. Por ese motivo o MpDC solicitou á Delegación do Goberno que explicara os motivos polo que se nega a reunir ao Consello. Nembargante a Delegación do Goberno negouse a informar e agora o Defensor del Pueblo ven de aceptar unha queixa pola que se esixe á Delegación do Goberno que explique, concretamente: cal foi o motivo da constitución do mencionado Consello, porque non se reúne desde fai máis de 3 anos, si non parece evidente que a constitución do mencionado Consello foi unha mera estratexia de propaganda xa que non se volveu a reunir máis, como é posible que en catro anos non acontecera ningunha situación que xustificar a reunión do Consello e si pode ser que se este evitando a efectiva participación das organización sociales (FEGAMP, CC.OO, UGT, CIG, Confederación de Empresarios de Galicia, Confederación Galega de Asociacións Veciñais (COGAVE), Confederación Gallega de Padres de Alumnos (CONGAPA), Confederación Gallega de APAS de Centros Públicos (CONF APA)) no asuntos de seguridade.
Hai que lembrar que durante este período foi o Xacobeo, a visita do Papa e houbo denuncias polo excesivo despliegue policial.
0 comentarios:
Publicar un comentario