· Veciños de Centro de Informática de Caixanova queixáronse das cámaras instaladas no edificos
· Caixanova puxo cinta vermella nas cámaras para aparentar que non grava á vía pública pero sigue enfocando á rúa
O pasado outubre de 2010, veciños de Lopez Mora denunciaron ao MpDC que Caixanova instalou cámaras de videovixiancia na azotea do edificio do Centro de Informática e que tiñan unha visión ampla da rúa e dos interior dos edificios colindantes. A raíz diso o MpDC enviou escrito a Caixanova para poder coñecer a situación das cámaras sen obter contestación. Por este motivo o MpDC remitiu denuncia á Axencia Española de Protección de Datos que sigue en trámite a día de hoxe.
Meses despois os mesmos veciños que denunciaron as cámaras informaron ao MpDC que estas foron sobreadas con cintas vermellas e que, seguramente, xa non gravaban á vía pública. Nembargante o Movemento polos Dereitos Civí puido comprobar que a cámara da entrada do Centro de Informática seguía visualizando a vía pública por medio dunha esquina que non estaba tapada coa cinta vermella. En dúas coasións máis que se fotografiou á cámara, esta sempre enfocaba a través da mesma esquina.
Para o MpDC este feito pon en dúbica que as cámaras da azotea do edifico non visualicen ás vivenda colindantes. Considera que urxe que o MpDC tome medidas contra Caixanova, e que esta deixa de eng
añar ao veciños e veciñas.
0 comentarios:
Publicar un comentario