- Aínda que a cantidade é baixa amosa unha tendencia.
No ano 2008 o CIS publicou a súa primeira enquisa sobre a percepción que teñen os cidadáns sobre a videovixiancia. Daquelas o 73,2% dos enquisados eran favorables a que se instalaran cámaras, no 2009 a porcentaxe baixou ao 68,9 e no 2010 ao 68.3. Pola contra, a porcentaxe de persoas contrarias á videovixiancia pasou do 9,5 no 2008 ao 10% no 2009 e ao 13,7% no 2010.
Para o Movemento polos Dereitos Civís estes datos son moi significativos pois na situación de crise económica na que nos atopamos, os cidadáns son mais favorables a medidas que consideran que poden aumentar a súa seguridade.
Mesmo así, no ano 2008 o 71.1% das persoas favorables á instalación de videovixiancia consideraba que esta proporciona maís seguridade, máis protección, menos medo, en canto no ano 2009 este porcentaxe baixou ao 66.4. No 2010 no se fixo esta pregunta.
É evidente que a medida que a videovixiancia se fai máis cotidiana, disminue o apoio a súa instalación. A enorme proliferación de cámaras polas cidades e a difusión de imaxes sin control nos medios de comunicación comeza a evidenciar os perigos que conlevan.
0 comentarios:
Publicar un comentario