Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O Concello de Pontedeume non é capaz de aclarar onde constatou a eficacia da videovixiancia

Written By Virgulino on 20/3/11 | 1:29

O MpDC entende que se buscou enganar á cidadanía

 

A finais de febreiro de 2010 e en maio do mesmo ano, o Movemento polos Dereitos Civís presentou solicitude de información ao Concello de Pontedeume sobre onde constatara a eficacia da videovixiacia a raíz dunhas declaracións realizadas polo Concellal responsable da Seguridade dese municipio. O Concello de Pontedeume afirmaba que coa instalación das cámaras aforrará nos gastos de arranxos derivados dos actos vandálicos ao igual que sucede, segundo o alcalde de Pontedeume, noutros países de Europa e outras zonas de España onde está medida “está funcionando”, alegan.

 

A experiencia do MpDC di que as cámaras resultaron de moi dubidosa utilidade noutras cidades e concellos galegos, e neste asunto que nos ocupa, as cámaras servirían como moito para identificar aos culpables e de ningún xeito para evitar o roubo ou desperfectos nas mesmas, é sinxelo ocultar o rostro para evitar unha cámara, pero esa mesma cámara recolle día a día a vida diaria de cantos pasan pola zona, invadindo a súa intimidade e os seus dereitos.

 

Por ese motivo fixo as seguintes solicitude ao Concello

1. Que o Concello de Pontedeume indique a esta Asociación onde constataron que as cámaras noutros países de Europa e España funcionan.

2. Que o Concello de Pontedeume se absteña de instalar cámaras de vídeo vixilancia sen cumprir cos requisitos esíxidos polas normas, é dicír, principio de proporcionalidade, autorización da Delegación do Goberno e informe favorable da Comisión de Garantías.

3. Que o Concello de Pontedeume informe a esta Asociación o estado no que se atopa a instalación de cámaras de vídeo vixilancía en varios puntos do centro de Pontedeume.

4. Esta asociación agradecería ó Concello que a mantivese informada de cantas actuacións se leven a cabo con relación a este asunto.

 

Que ante a falta de contestación por parte desa administración o MpDC requiriu ao Valedor do pobo que reclamara ao Concello de Pontedeume que contestara ao mencionado escrito.

O Valedor remitiu escritos o 19 de agosto de 2010, 8 de outubro de 2010, 9 de novembro de 2010, 13 de decembro de 2010 e 25 de xaneiro de 2011. Cinco cartas na que se solicitaba ao Concello de Pontedeume que contestar o escrito remitido polo MpDC.

 

En Marzo de 2011, despois de sete requerimento (entre os feitos polo MpDC e o Valedor do Pobo) e un ano de espera (que a Administración non se molestou en xustificar), o Concello de Pontedeume contesta que:

 

En ningún momento este Concello plantexouse instalar cámaras de videovixiancia sen seguir o procedemento legalmente establecido, que para o caso de que o Concello de Pontedeume, nun futuro, tivese intención de facelo, o procedemento-legal cumpriríase escrupulosamente, como non pode ser doutro xeito ".

 

Esta contestación aclararía os puntos 2, 3 e 4 das solicitudes feitas polo MpDC. Nembargantes, non aclara o punto 1, “Que o Concello de Pontedeume indique a esta Asociación onde constataron que as cámaras noutros países de Europa e España funcionan”

 

                De non aclarar este extremo, O MpDC entende que o Concellal que fixo estas afirmacións deu datos falsos có obxectivo de convencer a cidadanía da idoneidade desa medida como forma de disminución da delincuencia, sin que existira fundamento para facelo.

 

0 comentarios:

Publicar un comentario