· O MpDC solicitou en agosto do 2010 a retirada dos dispositivos por mostrárense ineficaces para a prevención do botellón
· O Concello respondeu ao Defensor del Pueblo que “na última resolución da Delegación do Goberno en Galiza de renovación de autorización de instalación das videocámaras ás que se refire no seu escrito, xa se excluíron as cámaras que se instalaran para o control do botellón”
Dereitos Civís presentou unha cronoloxía onde se demostraba que no ano 1993 o Concello da Coruña instalou varías cámaras que non se adaptaron á normativa sobre videovixiancia que saíu non ano 1997. No ano 2004 a Delegación del Goberno autorizou cámaras nas Casas Consistoriais, Servizos Económicos da Rúa da Franxa e edificio da Policía Local. Dous meses despois a policía local afirma que a Delegación autorizou as mesmas cámaras para vixiar o botellón sen que a apareza a primeira solicitude forma de utilización destas cámaras para este fin en Marzo do 2005. Non é ata agosto do 2009 cando se crea o rexistro de gravación anta a AGPD, algo que estaba obrigado pola lei que existirá desde o ano 1997. A pesar da falta de existencia do rexistro de gravación o concello informou que facilitou gravación á Policía Nacional (gravacións que non deberían existir).
Asociación de Dereitos Civís sempre defendeu que as cámaras non eran útiles para evitar o botellón. Tanto é así que presentou perante a Delegación do Goberno un dossier de prensa conforme desde a instalación das cámaras publicáronse 128 artigos nos que se informaba que se seguía mantendo o botellón, incluso con situación tan graves como o altercado onde un policía local disparou contra o chan ferindo a xente próxima.
Renato Núñez afirma que as cámaras foron instaladas de forma irregular, incluso a Axencia Española de Protección de Datos sancionou o Concello. Nembargante, este atrevimento non tivo ningunha repercusión na incidencia do Botellón na zona, resultando inútil para a súa diminución e continuando as protestas dos veciños. Mesmo así a Delegación do Goberno seguiu dando autorizacións para as cámaras cada ano obviando completamente os principios de proporcionalidade e idoneidade.
Tanto é así que o Concello viuse na obriga de declarar a Zona de Especial Protección, constatándose, desde entón, unha diminución da concentración de xovens.
O MpDC pensa que queda por comprobar si o Concello desconecta realmente as cámaras, algo que dubida que se produza.
Por outro lado,o MpDC recibiu esta semana a comunicación de o Congreso dos Deputados enviou a súa queixas polas consecutivas autorización ilegais das cámaras ao Ministerio de Presidencia.
0 comentarios:
Publicar un comentario