Esta Institución viuse na obriga de solicitar por cuarta vez, información sobre o funcionamento das cámaras de tráfico de compostela
A Axencia Española de Protección de Datos informou ao Movemento polos Dereitos Civís que o Concello de Compostela dispuña de 10 cámaras de vixilancia e control do tráfico (agora son máis de 20) instaladas nas rúas da cidade. Dispoñen de mobilidade horizontal e vertical, ademais dunha certa marxe de aproximación (zoom). Segundo a L.O. 4/97 establece que o uso para o que están autorizadas as cámaras de tráfico é exclusivamente para o "control, regulación, vixilancia e disciplina de tráfico nas vías públicas". Como ben se pode deducir do sentido da norna non é posible que os dispositivos adicados a vixilancia do tráfico se utilicen para un fin distinto, polo tanto calquera uso destas cámaras, agás a regulación do tráfico é ilegal.
As mencionadas cámaras de tráfico, ao contar con zoom, permiten enfocar ao interior de calquera vivenda das súas inmediacións coa capacidade de acercarse para saber o que acontece no seu interior e gravar imaxes e vídeos que non contan con ningún tipo de control.
Por todo isto o MpDC soliitara no ano 2007, 2008 e 2009 que o Concello de Santiago “teña a ben proceder a retirar estas cámaras de tráfico que se están destinando a u uso distinto contravindo a normativa vixente” e que “no caso que non sexa posible proceder á súa retirada que retiren os medios cos que contan, o zoom e a capacidade para tomar fotos e vídeos”.
Ante a falta de contestación, Dereito Civís reclamou ao Defensor de l Pueblo que lle requirira a Sánchez Bugallo que contestara e a queixa foi aceptada a trámite. A día de hoxe o Defensor del Pueblo xa se dirixiu en catro ocasión ao Concello e ven de informarles que si non contestan desta vez serán declarado hostil e entorpecedor.
0 comentarios:
Publicar un comentario