- Durante un ano reclamou os denunciantes que facilitaran os datos que o Conselleiro afirmou ter
- Agora pide os denunciantes que informen onde garda o Conselleiro os datos e en que formato os ten para iniciar a investigación
- Tampouco considera que sexa necesariamente certo que o Conselleiro dispoña desta información a pesar de habelo afirmando no mesmo Parlamento de Galiza
- Considera que non serve de nada iniciar a investigación pois o Conselleiro pode ter o listado na súa casa.
- A AGPD pode iniciar investigacións previas para decidir se segue cun proceso sancionado, algo que se nega a facer neste caso
O pasado 9 de Setembro do 2009 o Conselleiro de Educación afirmou no Parlamento de Galiza que dispoñía dos nomes de ex altos cargos, actualmente están na oposición, que levan aos seus fillos a colexios con segregación por sexo. Concretamente afirmou:
"sorprenden as súas críticas á educación diferenciada por sexo, sobre todo cando membros do seu partido está a utilizar este tipo de ensino. Porque, se queren, podemos falar aquí sobre que persoas dos seus partidos - altos cargos - levan aos seus fillos a estes centros. Así que en público - se queren falámolo despois e dámoslles os nomes -... "
Ante o feito de que o Conselleiro de Educación afirme que dispón de información sobre persoas que levan os seus fillos a determinado tipo de colexios (información que manexa o seu Consellería), e ante a máis que evidente posibilidade de que estes se obtivesen de forma ilegal, o Movemento polos Dereitos Civís solicitou á Axencia Española de Protección de Datos que reclamar o mencionado listado ao Conselleiro e investigase a forma na que se obtivo a información-
A Axencia Española de Protección de Datos reclamou o MpDC que facilitara berce copia do listado para iniciar a investigación. Evidente o Movemento polos Dereitos Civís non dispón de copia do listado e recordou á AGPD que foi un Conselleiro no Parlamento de Galiza quen dixo dispoñer dos nomes das persoas que tiñan os seus fillos en determinados centros de estudo.
Despois de máis dun ano, a AGPD contesta que non iniciará investigación polos seguintes motivos:
- A presunta existencia do listados está fundamentada nunha mera declaración do Conselleiro de Educación que non supón a súa existencia e, no caso, das súas existencia o formato na que consta e lugar de custodia
- O artigo 3 da LOPD define como "Fichero: Todo conxunto organizado de datos de carácter persoal, calquera que for a forma ou modalidade da súa creación, almacenamento, organización e acceso" e un mero listado sen coñecerse a forma de obtención dos datos, organización e como único documento non ten porqué constituír un "ficheiro" nos termos citados que exclúe o amparo desta Axencia.
- Tampouco se facilita indicio ningún sobre o lugar de custodia do listado, podendo tratarse do domicilio particular do Conselleiro que impediría calquera investiación por parte desta Axencia ou tratarse dun ficheiro "privado ou doméstico" que, así mesmo, excluiría a competencia desta Axencia
Resulta escandaloso que a AGPD reclame o MpDC que realice a súa labor de investigación. Que logre obter uns datos que o Conselleiro afirma ter no mesmo Parlamento Galego. Sorprende tamén que a AGPD dubide da palabra do Conselleiro no Parlamento, cando afirma que dispón dos nomes dos ex altos cargos da Xunta. Tamén resulta incomprensible que a AGPD reclame o MpDC que informe o formato e o lugar de custodia desta información.
Tambíen resulta contraditorio que a AGPD afirme que "Fichero é todo conxunto organizado de datos de carácter persoal, calquera que for a forma ou modalidade da súa creación, almacenamento, organización e acceso" e considera que un listado de nomes de persoas cos colexios onde estudan os seus fillos (información especialmente sensible en canto se manexan datos de menores) non é un ficheiro.
Por último, é o colmo da vaguidade partir de que o Conselleiro pode ter o listado na súa casa para non iniciar ningún tipo de investigación.
O Movemento polos Dereitos Civís volverá solicitar a creación dunha Axencia Galega de Protección de Datos para intentar acabar con esa desidia, que en moitas ocasións, se pode observar no traballo da AGPD
0 comentarios:
Publicar un comentario