· MpDC preguntou á Unidade do Corpo Nacional da Policía adscrita á Xunta de Galiza quen prensentou a denuncia que motivou a actuación policial; quenes foron os "superiores" que ordenaron a retirada dos mecos e en base a que supostos danos ao edificio, ou prexuizos de calquera tipo, ordenouse a retirada dos mecos
En relación coa orde de retirada duns Mecos no IES de Celanova acontecido no pasado 11 de febrero do 2010, O MpDC solicitou información ao mencionado lES e que foí remitida ao Valedor do Pobo segundo os seguintes extremos:
Na reunión ordinaria 04-2009/2010 do Consello Escolar de data 3 de febreiro de 20 JO, no punto sete da orde do día "Actividades do colectivos en contra do traslado do lES" tratouse o tema de colgar mecos nos balcóns do instituto. Traslada o informe literalmente unha parte da acta: "A plataforma en defensa do mosteiro propón dúas actividades: colgar mecos nos balcóns do instituto e facer unha cadea humana odia venres 12 de febreiro. Sométese a votación a actividade de "colgar os mecos, sendo aprobada por unanimidade".
Foron colgados nos balcóns da fachada sur do centro cara á Alameda, comprobando o Equipo Directivo que non habia ningún elemento ofensivo para ninguén e que non se deterioraba o edificio.
O informe continúa: "En tomo ao xoves, 11 de febreiro, solicitaron permiso para entrar no centro dous axentes da Unidade do Corpo Nacional da Policía adscrita á Xunta de Galicia. Permiso que foi concedido. Informan que existe unha denuncia (non nos consta de quen), e que o seu labor é comprobar que os Mecos non deterioran o edificio (está catalogado como BIC). Son informados de que a actividad e está autorizada, de que entendemos que non é ofensiva e que se está a cumprir coa lexislación en materia de patrimonio cultural de Galicia. Foron invitados a comprobar e mirar ande estaban colgados os mecos. Tomaron as notas que consideraron oportunas e abandonaron o centro. Pasados uns minutos, solicitaron de novo permiso para entrar, que foi de novo concedido. Nesta segunda ocasión viñan comunicar que segundo os seus superiores debían informamos de que se non se retiraban os mecos, podíamos ser obxecto dunha denuncia. Nos ratificámonos nos nosos argumentos e no noso proceder. Desexamos engadir que a impresión causada polos axentes foi dunha actuación profesional e mesmo amable ".
O informe conclúe sinalando que o centro non ten información sobre a autoría da denuncia que provocou a actuación da Unidade do Corpo Nacional da Policía adscrita á Xunta de Galicia.
En base a todo isto o MpDC dirixiuse á Unidade do Corpo Nacional da Policía adscrita á Xunta de Galiza, autoridade que ven a contestar que non lles consta que existirá ningunha denuncia que motivara actuación policial, ni se ordenou que se retiraran os mesmos.
Para o MpDC, resulta moito máis créible a versión do Consello Escolar e considera que este debería pedir explicacións á Xefatura Territorial de Cultura e Turismo de Ourense sobre este extremo. Por outro lado, resultaría interesante comprobar si houbo falsedade en documento público na contestación facilitada pola Policía Nacional, algo para que o MpDC se pon a disposición do Instituto.
0 comentarios:
Publicar un comentario