Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

Cee non ten, nin solicitou, autorización para as súas cámaras e Neda vai instalar cámaras sin autorización

Written By Virgulino on 7/1/11 | 16:10

 

·         O MpDC considera que a Delegación do Goberno fomenta actuacións deste tipo

 

A Delegación do Goberno ven de confirmar que Cee non autorizou ningunha cámara no Concello de Cee xa que ninguén solicitou a mencionada autorización. Iso demostra que as cámaras son ilegais. Ademais, tampouco existe comunicación do rexistro de gravacións á Agencia Española de Protección de Datos. Nembargante, o MpDC considera que isto é culpa da Delegación do Goberno. Tanto o Concello de Neda (que vai instalar cámaras aínda cando non conte con autorización da Delegación do Goberno), como o Concello de Cee (que xa as ten) non fan máis que aproveitarse da permisividade da Delegación do Goberno,

 

Esa autoridade, que outorga os permisos para as cámaras, ten coñecemento das cámaras ilegais de Cee e non actúa. Como tampouco actuou contras as cámaras de Ares ou as da Estación de Autobuses de A Coruña (ambas instaladas sen autorización e permitidas pola Delegación).

 

A Delegación do Goberno tamén mantén autorización para cámaras que non cumpren có principio de idoneidade e proporcionalidade, necesarios para a súa instalación. Ás cámaras da zona vella da Coruña non serviron para diminuír o botellón e os empresario do polígono do Ceao (Lugo) queixanse desde fai máis dun ano da ineficacia das máis de 30 cámaras instaladas no polígono. A pesar de que as cámaras non cumpren có principio de idoneidade (non son idóneas para diminuír o botellón ou os roubos) e có de proporcionalidade (existen outros métodos menos dañinos para os dereitos fundamentais para lograr o mesmo fin que coas cámaras – declaración de Zona de Especial Protección na Coruña e vixilancia privada no Polígono) a Delegación non retira as autorizacións e sigue legalizando as cámaras instaladas ilegalmente.

 

Renato Núñez (voceiro do MpDC) afirma que “a lei non é igual para todos, mentres os cidadáns debemos de cumprir todas as normas, a administración só cumpre as que lles dá a gana”

 

 

0 comentarios:

Publicar un comentario