Despois das noticias dadas a coñecer polos medios de comunicación, nas que se informaba da actuación policial no Casino de Santiago logo de que este local de hostelería pechara as súas portas ante o descontento dos asistentes, o MpDC considera que os afectados teñen motivos dabondo para presenta denuncias por abuso de autoridade e agresión conta os axentes.
O MpDC lembra que o feito de non presentar denuncia, ante as sospeitas de que as consecuencias sexan peores, non garantiza nada e nalgúns casos os axentes realicen partes propoñendo sancións aos afectados.
Si algún afectado quere presentar denuncias contra os axentes pódese dirixir a mpdc@movemento.org.
0 comentarios:
Publicar un comentario