· O principio de idoneidade di que deben ser úteis para o fin para o que foron instaladas
· O de proporcionalidade di que non debe existir outro método igual de eficaz e que non sexa tan danoso para os dereitos das persoas
O MpDC ven de protestar polos feito de que se manteñan as cámaras do CEAO cando non cumpren os principios previstos pola Lei de Videovixiancia para a súa instalación. Segundo a Lei, éstas deben cumprir cos principios de idoneidade e proporcionalidade para que se poidan instalar. No caso do Ceao non se cumpre ningún dos dous motivos, a proba disto é o feito de que os empresarios do Polígono barallen contratar novamente a seguridade privade que existía con anterioridade á instalación dos dispositivos.
Esta non é a única proba de ineficacia das cámaras, e que o MpDC ven denunciando desde fai anos, xa que na Coruña, onde instalaron cámaras para evitar o botellón, tiveron que declarar a Zona Centro como de Especial Protección para que diminuíra as concentracións nocturnas de xovens.
As preguntas formuladas polo MpDC en relación coas autorizacións das mencionadas cámaras, nas que se preguntaba polos motivos que xustifican as autorización cando se están mostrando ineficaces, a Delegación do Goberno limítase a dicir que se conceden as autorizacións en cumprimento da Lei. Algo que se está mostrando completamente falso.
Para o MpDC queda claro que despois de concedida a autorización, non existe unha soa posibilidade de que, constada a ineficacia do sistema, a Delegación do Goberno ordene a súa retirada. A asociación considera que a Delegación do Goberno fomenta a instalación destes dispositivos incluso cando se mostran ineficaces xa que supón un enorme negocio que transmite á cidadanía unha sensación de seguridade que non é real.
0 comentarios:
Publicar un comentario