· Delegación do Goberno confirmou que era privada pero non tomou ningún tipo de medida
A Axencia Española de protección de Datos iniciou investigación para averiguar a legalidade da cámara de videovixiancia instlada na zona de marcha de Sarria pero arquivou a mesma ao ser incapaz de localizar a ubicacióne exacta da mesma. Todo isto despois de que a Delegación do Goberno confirmara que a cámara é privada sen tomar ningún tipo de medida contra amesma.
Non é a primeira vez que isto acontence, afirma o MpDC. As cámras non poden captar a vía pública pois a vixiancia desta é competencia dos Corpos e Forzas de Seguridade (da Delegación do Goberno) e para que un privado instale cámaras debe evitar a captación de imaxes da vía, informar á AGPD do rexistro de grabacións e informar por medio de sinais que a zona é videovixiada.
A pesar de que non se cumple ningún dos requisitos, e que as imaxes poden acabar en calquera sitio como en Internet, ni a Delegación do Goberno, ni a AGPD queren seguir coa investigación. Desde o MpDC facilitase a conta de mail mpdc@movemento.org para que calquera envíe a dirección exacta das cámras e imaxes destas para que a AGPD poida seguir a investigación.
0 comentarios:
Publicar un comentario