LUGO-23-12-2010- A Delegación do Goberno vén de prohibir o acceso do Movemento polos Dereitos Civís de toda a información relativa á colocación de cámaras de videovixiancia no polígono industrial do Ceao, en Lugo. Este feito vén de demostrar que o cumprimento da lexislación á hora da súa instalación non se amosa de todo obxectivo pois de estar todo en orde non debería haber ningún problema en consultar a citada información.
Os feitos comezaron o pasado mes de decembro cando a Delegación do Goberno respondeu un escrito do MpDC onde se lle negaba o acceso á información por non consideralo un interesado neste proceso, cando é algo totalmente erróneo pois o feito de que calquera persoa que circule polas inmediacións do polígono xa se ve afectado polo que pasa a ser un interesado.
Ante esta denegación de acceso, o MpDC solicitou que se lle indicara se cumpría coa normativa a coloccións destes dispositivos e a institución estatal afirmou que estas cámaras renovaran o permiso o pasado mes de xullo polo que a súa colocación estaba dacordo coa lei.
O Movemento polos Dereitos Civís quere denunciar a falla de conciencia das institucións públicas, Concello de Lugo ou Delegación de Goberno, ante unha vulneración dos dereitos das persoas como é a gravación e visionado de todas as persoas que se aproximen a esta zona industrial. Ademais, chama a atención que nos últimos meses véñense comentendo roubos nesta zona videovixianda e na que non se conseguiu, até o momento, deter aos presuntos culpabéis polo que deixa en evidencia este sistema, din eles, de seguridade.
Un dos principios polos que se rexe a colocación das cámaras é o principio de idoneidade que neste caso queda totalmente en entredito pois se os roubos se seguen producindo e non se consegue identificar aos ladróns non serven de nada as cámaras.
Ante estes feitos, o MpDC solicita á Delegación do Goberno que revise os principios polos que se rexe a Lei da Videovixiancia e que recapacite acerca da correcta colocacións destes dispositivos.
Ademais, o Movemento tamén quere esixir ao Concello de Lugo que retire as mesmas, promulgando así cun respecto hacia todos os lucenses e hacia os seus dereitos.
0 comentarios:
Publicar un comentario