Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

ESCURANTISMO E FALTA DE TRANSPARENCIA

Written By Virgulino on 21/12/10 | 15:01

O MpDC pide que o Valedor sancione a Pontedeume pola súa falta de información sobre videovixilancia*


O Movemento polos Dereitos Civís amosa o seu malestar debido á negativa do Concello de Pontedeume a informar ao Valedor do pobo sobre a súa intención de instalar cámararas de videovixilancia. Neste sentido, solicita que se
sancione o dito Concello por non esclarecer cales son as súas intencións á hora de aboradar a seguridade nas rúas.


Para o colectivo que aboga pola defensa dos dereitos das persoas esta actitude mantida polo consistorio coruñés é "unha falta de respecto", tanto á propia asociación como á cidadania. Ademais, desde Dereitos Civís consideran que tal feito debería ser sancionado por Benigno López, xa que
achacan "escurantismo e falta de transparencia" á institución coruñesa cando debera ser exemplo de claridade para coa sociedade e os colectivos que se interesan polo cumprimento da legalidade.

Cabe recordar que o Valedor de Pobo se dirixiu recentemente, e por terceira vez nos últimos seis meses, ao concello de Pontedeume para demandar que responda ás preguntas formuladas polo Movemento polos Dereitos Civís a respecto das intencións de instalar videocámaras en varios puntos do municipio. O MpDC tivo que presentar unha queixa diante do Valedor, xa que a institución local ignorou os escritos remitidos pola asociación.


O MpDC dirixírase ao Concello hai uns meses logo de ter coñecemento, a través da prensa, das intencións da entidade local de instalar dispositivos de videovixilancia en varios puntos do municipio e asegurar que noutras autonomías e países de Europa as cámaras "están funcionando".

O MpDC remitu entón un escrito ao Concello instándoo a que se abstivese de instalar cámaras sen cumprir cos requisitos esixidos pola normativa vixente (respecto ao principio de proporcionalidade, autorización da Delegación do Goberno, informe favorábel da Comisión de Garantías, etc.), tal e ras cidades e concellos galegos, e no caso da prevención dos actos vandálicos (xustificación aducida polo Concello para a instalación dos dispositivos), as cámaras servirían como moito para identificar aos culpables, mais de ningún xeito para evitar o roubo ou os estragos; é sinxelo ocultar o rostro para evitar unha cámara, pero esa mesma cámara recolle día a día a vida diaria de cantos pasan pola zona, invadindo a súa intimidade e os seus dereitos.

0 comentarios:

Publicar un comentario