Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O MpDC pide ao Concello de Pontevedra que busque alternativas á instalación de cámaras de videovixilancia para protexer a estatua de Valle-Inclán

Written By Virgulino on 15/12/10 | 9:01

  • A asociación para a defensa dos dereitos civís lembra a escasa efectividade destes dispositivos para evitar actos vandálicos

 

Diante das informacións aparecidas hai uns días na prensa, o Movemento polos Dereitos Civís quere facer un chamamento ao Concello de Pontevedra para que reflexione sobre a súa intención de colocar cámaras para vixilar a estatua de Valle-Inclán situada na Praza de Méndez Núñez.

 

A asociación para a defensa dos dereitos civís quérelle lembrar ao goberno municipal a escasa efectividade demostrada por estes dispositivos para evitar actos vandálicos e agresións, tal e como así se reflicte en numerosos estudos realizados; mentres que pola contra, a súa instalación supón, alén dun custo económico de difícil xustificación en tempos de crise, un grave risco para o libre exercicio do dereito á honra, á intimidade e á propia imaxe.

 

O MpDC apunta ao Concello que existen outros métodos máis efectivos, baratos e menos limitativos de dereitos, como mellorar a ilumación da zona ou incrementar a frecuencia da vixilancia policial, para evitar actos de vandalismo contra edificios, estatuas ou mobiliario urbano. Ademais, se tal e como explicaba o voceiro municipal aos medios, gran parte dos destrozos na estatua se producen polas manobras de vehículos, de pouco servirán as cámaras para evitar os accidentes e, en todo caso, sería máis práctico mellorar a sinalización da zona ou buscar algún tipo de protección física como uns pequenos pivotes, uns maceteiros fixos, etc.

 

 

697158861

0 comentarios:

Publicar un comentario