· A Sanción foi por vulnerar o artigo 15 da Lei Orgánica de Protección de Datos e non permitir o acceso a documentos por parte de persoas directamente afectadas
· A Reslución require, en síntese, "ao concello de Santiago de compostela para que adopte as medidas de orden interno que impidan que no futuro poida producirse unha nova infracción do artigo 15 da LOPD"
· O Concello non tomou ningunha medida relacionada con este extremo
O 1 de xuño do 2006 un cidadán de Compostela presentou denuncia contra o Concello por impedir o acceso a un expediente no que el estaba directamente afectado. Tres anos e catros meses despois, logo dunha sentencia favorable e que o concello non cumpriu, a AGPD dictou resolución de Declaración de Infracción das Administración Públicas (unha figura que evita que as administracións teñan que pagar as cuantiosas sancións que impón a AGPD pero obriga a tomar medidas que impidan que se volva a vulnerar a LOPD). A pesar dese privilexio, Santullano ven de informar que as medidas tomadas son as seguintes:
- Incluír os seguinte texto nas instancias:
Consonte o disposto na Leí orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter personal, os seus datos serán tratados de xeito confidenciaL Poderán ser incorporados aos ficheiros do Concello de Santiago relacionados con este trámite, coa finalidade de utilizalos para as xestións municipais derivadas dos procedementos e consultas que inicia o interesado con esta solicitude. En calquera momento poderá exercitar os dereitos de acceso, cancelación, rectificación e oposición comunicándoo mediante escrito que deberá presentar no Rexistro Xeral do Concello.
- A realización dun curso de 20 horas no 2005 e outro no 2006 denomidado "A protección de dados de carácter persoal"
- Remitir a seguinte instrucción aos funcionarios:
Instrución relativa a posibles inicios de expedientes que se poidan abrir pola Agencia Española de Protección Datos, Defensor del Pueblo e Valedor do Pobo a esta Administración.
En ocasións e ante os requirimentos de actuacións ou expedientes abertos ao Concello polos Organismos indicados, prodúcense demoras en contestacións ou en actuacións que en nada favorecen a imaxe desta Administración.
Por outra banda, tamén debemos ter presente todos a importante labor que en defensa dos cidadáns e de control da actividade da administración exercen as Institución sinaladas.
Por todo iso encarécese a todos os departamentos do Concello que se cumpran os prazos e se conteste, en tempo e forma, a todo escrito ou requirimento que se poida recibir de ditas Institucións para, desta forma, conseguir día a día un mellor funcionamento da nasa Administración, tendo sempre como meta a prestación do mellor servizo posible aos nasos cidadáns. Ningunha destas medidas cumpren , para nada có requirido pola AGPD;
- O texto informa aos cidadáns que teñen dereito de acceso, rectificación e cancelación. Nembargante a sanción ven dada polo feito de que un cidadán que coñecía que tiña ese dereito non conseguiu exercelo cando o requiriu e despois dunha sentencia xudicial.
- Ambolos dous cursos comunicados por Álvarez Santullano realizáronse antes de que o mencionado cidadá presentara a denuncia perante a AGPD e, evidentemente, antes da resolución. Ou sexa, os funcionarios non deberon aprender absolutamente nada nos cursos impartidos por Don Juan Antonio Hemández Corchete. Ademais, non se pode entender como unha medida toomada a raíz da resolución cando se realizaron 3 e 4 anos antes da resolución.
- Sobre o terceiro punto non se necesita explicación. Non ten absolutamente nada que ver coa resolución.
0 comentarios:
Publicar un comentario