Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

A Coruña, Lugo e Santiago constatan a nula efectividade da videovixiancia

Written By Virgulino on 13/12/10 | 10:56

  • Catro encapuchados asalta unha empresa do Polígono do Ceao (Lugo) con 30 cámaras de videovixiancia
  • A Coruña tivo que declarar Zona de Especial Protección á zona videovixiada para que disminuíra o botellón
  • En Santiago roubaron en dúas ocasión á placa comemorativa do Príncipe de Asturias que estaba anclada no Obradoiro, zona con varias cámaras.

 

 

No día de hoxe o MpDC ven de coñecer que os empresarios do Polígono do Ceao en Lugo están molestos pola escasa eficacia da videovixiancia instalada polo Concello. Nun recinto con 30 videocámaras, procedeuse ao roubo dunha empresa sin que quedara constancia en ningunha das cámaras. Tamén en Compostela roubouse en dúas ocasións a placa comemoratia do premio Príncipe de Asturias que está instalada no medio da Praza do Obradoiro, prazas con varias cámaras instaldas. Tamén, fai poucas semanas, o MpDC preguntoulle á Delegación do Goberno sobre a efectividade das videocámaras de A Coruñas, pois o Concello tivo que declarar a Zona Centro como de Especial Protección para conseguir reducir o botellón, despois de varios anos coas cámaras de viovixiancia instaladas.

 

Estudo da Universidade de Málaga

 

O MpDC lembra que o estudo realizado pola Universidade de Málaga, e que se suma aos doutros estudos realizados no 2002 (UK e USA), 2005 (UK e USA) e 2009 (UK, USA, Suecia, Canadá) amosan moi escasos resultados coa utilización das cámaras de videovixiancia para reducir a delincuencia.  No estudo do 2009 valorouse a efectivades doutros métodos como a iluminación das ruas ou un diseño viario que dificulte a fuxida, así como a utilización de mobiliario urbano para evitar a delincuencia como métodos máis eficaces.

 

O estudo buscaba comprobar tres hipótesis: que as cámaras non son eficientes para reducir a delincuencia, produce un desprazamento da delincuencia e crea sensación de seguridade. Das tres hipóteses confirmáronse as dúas primeiras e non se puido comprobar a últimas. As cámaras non crearon unha sensación de seguridade e os comerciantes seguían pedindo máis na mesmas rúas onde xá estaban instaladas.

 

Non se produciu un incremento dos número de delictos esclarecidos nas rúas con videocámaras  segundo estádisticas policiais e confírmouse que as cámaras non impiden os delictos graves como as agresións , aumentandos os furtos e roubos con violencia.

 

A sensación subxectiva de seguridade.

 

O MpDC chama a atención sobre a búsqueda da sensación subxectiva de seguridade por parte dos responsables de seguridade. Lembra que a Policía Nacional en Lugo afirmou que as cámaras son úteis porque crean esta sensación; algo moi disitinto á seguridade real e que crea un efecto placebo na cidadanía.

0 comentarios:

Publicar un comentario