Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O VALEDOR DO POBO REQUIRE POR TERCEIRA VEZ QUE O CONCELLO DE LUGO INFORME SOBRE AS CÁMARAS DE TRÁFICO

Written By Virgulino on 17/11/10 | 12:26

O Movemento polos Dereitos Civís vén de recibir contestación por parte do Valedor do Pobo  respecto das cámaras de tráfico instaladas no concello de Lugo e que podem estar recibindo un uso inapropiado ao seu cometido. En concreto, a institución que vela polos dereitos dos galegos sinala nun escrito que lle requirirá por terceira vez á institución local lucense un informe onde se especifique o uso que se fan destes dispositivos de videovixiancia.

 

O MpDC xa solicitara en marzo do 2009 información ao concello de Lugo acerca destas cámaras de videovixiancia alegándolle os motivos legais polos que as cámaras destinadas ao control de tráfico non podían ter outro fin que o que recollía a Lei. Ante a negativa da institución local de dar resposta a estes requerimentos realizados polo Movemento polos Dereitos Civís, a asociación recurriu ao Valedor do Pobo. A institución galega vén de recoñecer no escrito que solicitará por terceira vez información polo que está afirmando que o concello de Lugo se nega a responder ao Valedor do Pobo sobre unha posible vulneración dos dereitos dos lucenses.

 

Dende o MPDC defendemos que deben primar sempre os dereitos fundamentais á honra, á intimidade e á propia imaxe así como o resto dos dereitos recollidos na Constitución española. O carácter perigoso e limitativo de Dereitos deste tipo de medidas de seguridade figura expresamente recollido nos preámbulos da normativa vixente (LO 4/1997, de 4 de agosto; RD 596/99 de 16 de abril) e despréndese do espírito desas normas e demais instruccións e resolucións da Axencia Española de Protección de datos.

 

Dende o MpDC agardamos que o Concello de Lugo de resposta ao Valedor do Pobo acerca da utilización que se lle está  a dar a estas cámaras xá que os precedentes de utilización das mesmas parga grabar a veciños nas súas habitacións non son moi tranquilizadoras. Esta vulneración non vén máis que a sumarse a outras acontecidas noutras cidades e vilas galegas onde o traballo do Movemento polos Dereitos Civís fixo que moitas delas se retiraran e outras estean nese proceso.

 

Renato Núñez 697158861

0 comentarios:

Publicar un comentario