Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O Concello de Neda afirma agora que nunca tivo intención de instalar cámaras de vixilancia na cidade

Written By Virgulino on 10/11/10 | 12:02

 

Así o aseverou ao Valedor do Pobo, en resposta ás preguntas trasladada polo MpDC a respecto da legalidade dos dispositivos

 

O Concello de Nesa nunca tivo a intención de instalar cámaras de seguridade no albergue ou no centro cívico, tal e como afirmara na prensa a primeiros deste ano. Así llo comunicou a institución local ao Valedor do Pobo, en reposta ás pregunta formuladas polo Movemento polos Dereitos Civís a respecto do cumprimento da legalidade na suposta instalación destes dispositivos.

 

O concello asegura ao Valedor que aínda que iniciou os trámites para a instalacións das videocámaras, “desistiu de dita pretensión á vista da resolución denegatoria ditada pola Delegación do Goberno de Galia no ano 2007”. Diante desta afirmación, a asociación pola defensa dos dereitos civís considera que o Concello debería explicar por que enganou á cidadanía en xaneiro pasado, ao informar que instalaría os dispositivos, cando na realidade, segundo se tira da contestación ao Valedor, xa desistira nese sentido tras serlle denegado un primeiro permiso pola Delegación. 

 

O Movemento polos Dereitos Civís enviara en xaneiro e maio deste ano dous escritos ao Concello de Neda solicitando información sobre a intención  de instalar 15 cámaras de videovixilancia na vila, aos que non obtivo contestación. Diante desta situación, a asociación tivo que recorrer ao Valedor do Pobo para obter unha resposta.

 

Escasa efectividade dos dispositivos

Dende o MpDC lémbrase que os estudos internacionais realizados e o estudo realizado pola universidade de Málaga afirman que as cámaras de vixilancia teñen un efecto disuasorio moi limitado. E concretamente, en Málaga, só se constatou unha unha disminución do 1,9% dos actos vadálicos e/ou delictivos e, sorprendentemente, que se roubaban mais coches.

 

0 comentarios:

Publicar un comentario