Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

A DELEGACIÓN DO GOBERNO AFIRMA QUE NON SANCIONARÁ AOS ESTUDANTES QUE PROTESTARON EN MARZO NUNHAS XORNADA EN HISTORIA

Written By Virgulino on 9/11/10 | 11:16

Os alumnos concentráronse diante desta facultade para protestar polas novas medidas que afectan ao plan de estudos universitarios

 

A Delegación do Goberno vén de respostar a reclamación ao Movemento polos Dereitos Civís a respecto dunha identificación realizada a estudantes de Historia con motivo dunha protesta contra o master de profesorado na celebración dunha conferencia organizada polo Minisetrio de Educación e Ciencia e pola USC. Nesta resposta, a institución estatal afirma que non se van tomar medidas legais contra os alumnos que inxustamente foron identificados dentro da súa facultade.

 

Os feitos ocorreron o pasado 23 de marzo cando co motivo dunha conferencia baixo o título “A Universidade Emprendedora: Nuevos Modelos” organizada polo Ministerio de Educación e Ciencia e pola Universidade de Santiago de Compostela. Un grupo de mozos decidiu facer unha protesta contra o máster de profesorado, xurdido da reforma do CAP co Plan Boloña. As Forzas e Corpos de Seguridade do Estado que se desprazaron ao lugar identificaron a todos estes mozos, vulnerando claramente de liberdade de expresión.

 

A Delegación aduce agora que eran máis de corenta mozos e que foron identificados porque ao non ter permiso para a protesta querían salvagardar algún altercado que podía producirse durante a celebración da conferencia. Así, a institución estatal asegura que ao non producirse ningún acto que vulnerara a legalidade estas identificacións non se van empregar para nada nin cursar ningunha acción legal contra os alumnos que se manifestaban na facultade.

 

O Movemento polos Dereitios Civís mostra a súa alegría porque a Delegación do Goberno non tome ningún tipo de represalia contra estes alumnos pero quere deixar claro que os estudantes da USC teñen dereito á liberdade de expresión e a protestar contra o que cren inxustos, máis aínda tratándose dun tema tan polémico como o Plan Boloña. Ademais, a asociación citada non cre apropiado que a Policía chegue a unha facultade e se poña a identificar aos alumnos que pacificamente querían mostrar o seu malestar co novo master de profesorado.

 

O feito de identificar a unha persoa antes de que ocorra algo está vulnerando outro dos dereitos dos cidadáns como é o de presunción de inocencia polo que dende o MpDC vemos excesiva a actuación das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e reclamamos á Delegación do Goberno que accións coma esta non se volvan repetir.

0 comentarios:

Publicar un comentario