· O MpDC considera que “non é unha noticia que sorprenda a estas alturas”
· Lembra que durante o dia 6, simplemente non estará garantido ningún dereito na Alameda e redores
· É probable que os Corpos de Seguridade tamén se agrediran a xornalistas no transcurso da manifestación do día 4
Comezan a xuntarse denuncias de vulneracións do dereito á información que, segundo a Constitución – que non rexerá no centro de Compostela no día 6 – para considerarse como tal información debe ser imparcial. Nembargantes, durante o día de hoxe tivemos coñecemento de que dous xornalistas gráficos, sen antecedentes policiais, viron como se lles negaba as correspondentes acreditacións para cubrir a visita do máximo representante da igrexa católica. Ao parecer, o principal inconvinte para que puideran ser acreditados ten que ver co feito de que o medio no que colaboran teñen unha liña non moi favorable á visita do Papa. Tamén unha xornalista do periódico NOVAS DE GALIZA viu como, despois de denunciar estes feitos, tiña a súa acreditación retirada. Desta maneira limítase de forma importante a divulgación doutro punto de vista sobre a visita do Papa que non sexa o políticamente correcto.
Tamén tivemos coñecementos de que polos menos dous xornalistas foron agredidos o xoves (na carga policial contra a manifestación convocada en rexeitamento á visita do Papa) sen que isto supuxera tivera ningunha repercusión. Nestes días nos que temos os ollos postos nas agresión a dous xornalistas españois en Marrocos, amplamente criticada polos políticos estatais, resulta moi hipócrita obviar as agresións contra este colectivo ocorridas na Galiza.
O MpDC espera recibir máis información sobre estes feitos para poder tomar algún tipo de iniciativa na búsqueda de evidenciar o “estado de sitio” no que estamos a viver.
0 comentarios:
Publicar un comentario