Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

Santiago deserta polo acoso policial e as limitacións á liberdade de circulación

Written By Virgulino on 6/11/10 | 21:17

  • Comerciantes accederon aos seus negocios escoltados por axentes que non permitían acceso á zona vella
  • Os hostaleiros de Compostela consideran que os turistas preferiron “non sufrir os trastornos terribles” que produce a visita do Papa
  • Sigue a censura informativa; mentres saíu na retransmisión da TVG unha enorme faixa de benvida ao Papa, obviaron a faixa de 16 metros colocada pola CIG no edificio sindical
  • Titular dun Xornal mexicano: Oro, diamantes y perlas en la misa del Papa en Santiago de Compostela

Tras varios días nos que a cidadanía de Compostela sufriu as consecuencias de seren considerados sospeitosos de quereren cometer algún tipo de actuación contraria á visita do Papa, puidéronse ver as consecuencias de tamaña limitación dos dereitos fundamentais. Escasa participación na visita da Papa e miles de persoas que non puideron realizar durante todo un días as súas actividades normais.

Si un comerciante quería acudir ao seu comercio na zona vella de Compostela debía de ir acompañado dun axente, que si alguén quería ir tomar un café do outro lado da rúa podía encontrar verdadeiros problemas para volver a casa ou si quería retirar o coche do garaxe víase fronte unha misión imposible.

Despois de varios días nos que se vulneraron todo tipo de dereitos dos cidadáns e dun día no que no centro de Compostela rexían as normas do Vaticano, algo que segundo o MpDC crea unha grande inseguridade xurídica, puidemos comprobar como o efecto logrado foi o esperado, miles de persoas optaron por non acudir fronte ao medo as limitacións das liberdades e as dificultades para circular con liberdade.

Todo isto para que 6000 persoas puideron recibir o xefe da igrexa católica na Praza do Obradoiro e outras 15000, segundo os medios, no resto da cidade. Durante varios días Compostela foi refén da igrexa católica para que 21000 persoas puideran recibir ao seu “líder”. Nun 25 de Xullo, en calquera outra manifestación multitudinaria, cando se realizaron cumios internacionais en Compostela ou cando viñeron xefes de estado non se tomaron estas medidas policiais que, parece  evidente, amosa o medo que ten a igrexa aos cidadáns de a pé.

Por outro lado; o MpDC quedou abraiado coa falta de repercusión nos medios das opinións contrarias a estas medidas. Lembra que cada vez que hai unha manifestación, por pequena que sexa, acostúmanse publicar os grandes “trastornos” ocasionados á poboación. Neste caso apenas saíron algunhas mostras de rexeitamento cando toda a cidadanía sufriu durante días as limitacións de dereitos constitucionais, e esta información foi publicada como algo normal e bo.

O MpDC pensa que a cidadanía debería pedir responsabilidade aos organizadores deste acto. Estes deberían explicar os motivo polo que desvestiron a poboación de todos os seus dereitos para que, simplemente, unha persoa puidera dar unha misa, algo que podería ter feito no Monte do Gozo deixando o centro da cidade libre para os cidadáns e fomentando o comercio. Tamén deberían preguntar os motivos polo que pagamos 3 millóns de euros entre todos para que durante días diminuíra as visitas a nosa cidade.

O recordo que quedará é o dun enorme despilfarro como demostra o titular mexicano “Oro, diamantes y perlas en la misa del Papa en Santiago de Compostela”

Declaración autocomplacientes

O MpDC considera que son declaracións autocomplacientes as que afirma que foi unha misa multitudinaria con 6000 persoas no Obradoiro. Dereitos Civís anima a revisar as hemerotecas e ver as fotos das, por exemplo, manifestacións en favor do galego no Obradoiro para valorar a asistencia á misa do Papa.









0 comentarios:

Publicar un comentario