· A Igrexa terá as competencias “legais e xurisdicccionais” suspendendo a Constitución do Estado Español
· Non existirá seguridade xurídica para as persoas que circulen pola Catedral e prazas colindantes.
· Poderase deter a calquera en base a leis do Vaticano.
· O Corpos e Forzas de Seguridade estarán baixo mando dun goberno estranxeiro
E para rematar as críticas que se veñen facendo de limitacións da liberdade de expresión, manifestación, circulación, presuncións de inocencia, etc. acabamos de saber que simplemente non existirá ningún dereito constitucional nas inmediacións da Catedral pois se rexerá polas normas do Vaticano.
Isto é a guinda dun absurdo legal que transformou Compostela nunha cidade en estado de sitio e a súa poboación en refén dunha confesión relixiosa.
Ás denuncias de cacheos indiscriminados, solicitudes para a retirada de bandeiras, cargas policiais, entrada en domicilios sen orde xudicial... hai que sumar o feito de que simplemente calquera persoa que se encontre na Catedral ou prazas colindantes non terán ningún tipo de dereito recoñecido no Estado Español, os seus dereitos serán os dun Estado dictadorial cuxo máximo mandatario non é elixido pólo pobo e cuxas normas non son desta época.
Haberá que preguntar ao Alcalde de Compostela, quen dixo que as medidas eran as mesma que se produce si veñen o Stones, si estes tamén deixarían a cidade sen rexirse pola Constitución. Por outro lado, non consta ao MpDC que en ningún concerto dos Stones retiráronse contenedores, cacheou a cidadanía de forma indiscriminada, impediuse a liberdade de circulación en case toda unha cidade...
Só nos cabe esperar que no Vaticano non sigan queimando e torturando aos condenados.
0 comentarios:
Publicar un comentario