A secretaria de Política Internacional do PSOE, Elena Valenciano, mostrou onte a súa disconformidade ante a posibilidade de que o ex alcalde da Coruña e actual embaixador de España no Vaticano, Francisco Vázquez, sexa o vindeiro Defensor del Pueblo, en sustitución de Enrique Múgica.
http://www.xornal.com/artigo/2010/07/06/politica/paco-vazquez-non-gusta-no-psoe-defensor-pueblo/2010070600092600978.html
En declaracións a Radio Nacional de España, Valenciano recoñeceu que a candidatura de Vázquez “non lle gusta” xa que en “asuntos de mulleres” non foi “o mellor aompañante”.
Vázquez revelou en xuño aos seus “íntimos” o seu desexo de abandonar o Vaticano, unha vez que o Executivo deu o seu visto bo ao nomeamento do novo Nuncio en España, Renzo Fratini.
O ata agora embaixador chegou a Roma en 2006 por encargo do actual presidente de España, Jose Luis Rodríguez Zapatero, para reconstruir, nas altas esferas, unha relación que se tiña roto co Episcopacado español. E tres anos despoios, o político coruñés considera que o seu traballo deu os seus froitos, de tal xeito que a Santa Sede abriu unha nova vía de entendemento co Goberno de Madrid, sobre todo a través dos comandados de Rouco Varela.
Por outro lado, a pretensión do ex alcalde coruñés conta, ademáis, coa oposición dos sectores nacionalistas. De xeito preventivo, o Movemento polos Dereitos Civís, próximo ao BNG, iniciou unha campaña de recollida de firmas na Internet contra a posibilidade de que o actual embaixador no Vaticano sexa nomeado Defensor del Pueblo, responsabilidade para a que, segundo o bloque nacionalista, requírese un perfil cunha “especial imparcialidade” que, ao seu xuízo, o ex-alcalde non posúe.
MpDC na Prensa - Xornal de Galicia: Paco Vázquez “non gusta” no PSOE como Defensor del Pueblo
Written By Movemento polos Dereitos Civís on 6/7/10 | 12:27
Etiquetas:
Concello de Pontedeume,
Concello de Santiago de Compostela,
Defensor del Pueblo,
Dereito ao honor intimidade e á imaxe,
Dereito das Persoas,
O MpDC na Prensa,
Valedor do Pobo,
Videovixilancia
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario