MpDC: A maioría dos estudos indican que as cámaras crean un efecto placebo, un sentimento subxectivo de seguridade, non seguridade, Pero a simple existencia das cámaras xera unha sensación de protección, que os responsables da seguridade cidadá usan para calmar a esixencia da cidadanía. Tamén foi avaliada a posibilidade de que se deba a pequenos furtos que non son notificado e que cando se trata de enquisas de victimización (estudos que están feitos ao marxe das estatísticas da Policía e onde pretende saber se os enquisados foron vítimas dalgún delito) se teñen en conta. En calquera caso, no último estudo, en Málaga, esa diferenza foi de 1,7% xa que as estatísticas policiais estaban falando dunha redución de 1,9% mentres na enquisa de victimazación a baixada foi do 3,6%.
Diario Hoy: Vostede está a favor da instalación de cámaras de seguridade nas rúas?
MpDC: Non, en absoluto, a xeneralización destas representan un grave perigo pela grande cantidade de imaxes que capturan e que poden ser usadas de xeito incorrecto. http://www.youtube.com/watch?v=DbEMei0qQbQ . O Consello Xeral do Poder Xudicial afirma que a grabación de imaxes en vías públicas non é inócua frente vulneración de dereitos fundamentais. Ademais a lei non se cumple; mesmo cando se denuncia ante a Axencia Española de Protección de Datos ou a Delegación de Goberno. A xustiza tampouco é moi eficiente nesta área.
Finalmente, pero non menos importante, é o feito de que si as cámaras de seguridade se instalan para prever un delito, non ten sentido, como demostran os estudos realizados, instalalas xa que non son eficientes para esa finalidade.
Diario Hoy: Que outros métodos utilizados?
MpDC: No estudo internacional de 2009 foi valorada como máis eficiente que as cámaras, a millora da iluminación pública, un diseño da vías públicas que dificulte a fuxida criminais e utlilizar mobiliario urbano axeitado para evitar vandalismo e crimes.
0 comentarios:
Publicar un comentario