O Movemento polos Dereitos Civís vén de presentar no Xulgado do Contencioso Administrativo 1 de Pontevedra as conclusións do caso “Club Piragüismo Ogrobe” para que dite sentenza pola que se acorde a estimación íntegra da demanda con imposición de costas á parte demandada.
Desde a súa solicitude de inscrición no Redim, o Club Piragüismo Ogrobe cumpriu en todo momento cos requirimentos da Administración, tal e como se pode comprobar no expediente administrativo.
Despois de unha serie de trabas, non é ata o 11 de marzo de 1997 cando o Concello acorda incluír no REDIM ó Club Piragüismo Ogrobe. En marzo de 1998 o Club Piragüismo Ogrobe novamente solicita a inscrición no REDIM.
Igualmente en marzo de 1999, o recorrente novamente solicita a renovación no REDIM, ó cal lle adxunta documentación, e pon de manifesto a desconformidade no reparto de axudas, non concedéndolle ningunha ó Club Piragüismo Ogrobe.
O Concello do Grove tiña unha actitude totalmente pasiva no funcionamento do REDIM, tal e como era coñecido pola cidadanía, e tal e como se corrobora cunha noticia publicada no diario La Voz de Galicia onde se recoñece que a partir de esa data o Goberno Local enviou unha serie de misivas ás asociación para que puxeran ó día a documentación. esixindo documentación que nada tiña que ver co disposto na lexislación vixente, tal e como se pode comprobar en dita nota de prensa e como así era coñecido publicamente sendo denunciando tamén polos grupos da oposición política.
Non hai que esquecer que Don Alfredo Brea, concelleiro de Deportes do Concello de O Grove, foi ata fai moi pouco presidente do Club Breogán, de aí o trato discriminatorio con respecto ó resto dos Clubes. Recentemente foi nomeado presidente da Federación Galega de Piragüismo.
Na actualidade esta Administración Local esíxelle só ao Club Piragüismo Ogrobe a presentación de “os Estatutos da Entidade” e “Memoria de actividades e actos realizados, número de socios e modificacións producidas na composición da xunta desde o ano 1999”, cando non se lle requiriu a ningunha outra Asociación inscrita no REDIM, e sen estar amparada en ningún precepto legal, tal e como resulta da normativa legal aplicable ao efecto.
Mala fe, persecución e abuso de superioridade
Interesa destacar que igualmente, foron devoltas recentemente cinco licenzas deportivas do Club Piragüismo Ogrobe, pertencentes a menores impedíndoselle que conten co correspondente seguro deportivo, alegando escusas ou cando menos cuestións de ínfimo interese ou cando menos forzar a que o Club Piragüismo Ogrobe se fusione co Breogán, como así consta que é a intención de Don Alfredo Bea.
A idea de Alfredo Brea era a fusión dos Clubes de Piragüismo O Grove, intentándoo tamén levalo a cabo co Club Piragüismo Ogrobe, tal e como consta na nota de prensa que se publicou no Diario de Arousa.
O recorrente denunciou en varias ocasións a enemistade manifesta de Don José Alfredo Bea cara o Club Piragüismo Ogrobe, o cal o alcalde do Grove obviou en tódalas ocasións, por pertencer ao mesmo equipo de Goberno.
A maior abundamento hai que salientar que o Concello do Grove pretende que o recorrente non pertenza ao Consello Local do Deporte, non notificándolle ningunha convocatoria de dito Consello, incumprindo tamén o disposto no artigo 7 do Regulamento do Consello Local do Deporte do Grove.
Sen embargo como podemos comprobar coa documentación que acompañamos, eses datos non son así e non son máis que escusas vanas sen sentido e abusos de poder e da autoridade, cunha clara intención de desbancar a este Clube.
No mes de Agosto de 2009, membros do Club Piragüismo Ogrobe mentres se atopaban dentro do pavillón de deportes náuticos de O Grove, o Conserxe sen motivos de ningún tipo infórmalles que ten orde de que retiren as piraguas das instalacións e o resto de material, ameazando de que de non facelo procedería el a facelo pola súa conta e a poñer todo na rúa, así como substituiría o bombín da pechadura, da cal este Club ten chave dende 1998, todo elo ordenado polo Concelleiro de Deportes Alfredo Bea García.
O Club Piragüismo Ogrobe ten no pavillón de deportes náuticos de O Grove, no espazo que ten asignado o Club Piragüismo Ogrobe, material consistente en piraguas, palas (remos), ferramenta para o seu mantemento, cabaletes para apoiar as piraguas, chalecos e material de ximnasio.
Estes feitos obxecto da presente denuncia lévanse a cabo sen resolverse o procedemento administrativo que hai en curso en relación coa expulsión do REDIM e coa recusación do Concellal de Deportes Alfredo Bea García, quen afirmou que el era o concellal de deportes e tiña potestade para expulsar das instalacións municipais cando e a quen lle dera a gana.
No momento no que se procede a dar de baixa no Redim ó recorrente, aínda están en marcha varios procedementos administrativos sen resolver, e dun xeito ilexítimo e ilegal o Concello de O Grove está procedendo a expulsión das instalacións municipais ao Club Piragüismo Ogrobe, sen resolver os recursos presentados por este Club, nin notificou acto algún que serva de título para proceder a expulsión de ditas instalacións.
Prexuízos causados aos membros do Club Piragüismo Ogrobe
A raíz da expulsión ós membros do Club Piragüismo Ogrobe víronse obrigados a transportar diariamente as embarcacións nos vehículos xerando unha situación de incertidume para os deportistas e de tensión nos adestramentos. Trátase de deportistas considerados de "alto nivel”, que deben gozar de especial protección por parte da Administración, concretamente Amaia Osaba, Tono Campos e Rubén Paz, piragüistas relevantes a nivel internacional, con medallas en Campionatos de Europa e Campionatos do Mundo (circunstancia coñecida sobradamente polo Concello porque se lle comunicou por escrito e no caso de Tono Campos incluso foi galardoado polo Concello e por Alfredo Bea en varias ocasións en recoñecemento aos seus resultados deportivos .
Estes deportistas viron mermada a súa preparación para participar nun campionato do mundo no mes de setembro, circunstancia tamén coñecida por Alfredo Bea, pola súa condición de presidente do Comité Técnico da Federación Española de Piragüismo.
En todo caso, á vista da documentación aportada co presente escrito, queda claro, que o funcionario encargado do Pavillón de Deportes Náuticos,minte no escrito que asinou onde non inclúe o Club Piragüismo Ogrobe entre os que él di que son os que realizan actividades no Pavillón de Deportes Náuticos; pois como podemos comprobar o Club Piragüismo Ogrobe é unha entidade con actividade, o que mostra unha vez máis o desexo de dita Administración Local de expulsar das instalacións municipais a toda costa ó recorrente, como tamén se pode comprobar na indecisión na documentación que pretende esixir, con tal de dar de baixa no REDIM a dito Club.
Como se pode comprobar na carta enviada por parte do Club Piragüismo Ogrobe ó Alcalde de dito Concello,mostra as duras declaracións do Concelleiro de Deportes, e o claro intento de que só sexa o Club Breogán quen empregue as instalacións municipais.
Na actualidade esta Administración Local esíxelle só ó Club Piragüismo Ogrobe a presentación de “os Estatutos da Entidade” e “Memoria de actividades e actos realizados, número de socios e modificacións producidas na composición da xunta desde o ano 1999”, cando non se lle requiriu a ningunha outra Asociación inscrita no REDIM, e sen estar amparada en ningún precepto legal, tal e como resulta da normativa legal aplicable ó efecto.
Por outra banda, só se procedeu a dar de baixa no Redim ó Club Piragüismo Ogrobe, cando o resto das entidades inscritas no Redim tampouco presentaran documentación durante ese período o que demostra a mal fe do Concello do Grove cara o Club Piragüismo Ogrobe.
A maior abundamento, sinalar que o Club Piragüismo Ogrobe figura inscrito ininterrompidamente no REDIM dende o 7 de marzo de 1997 realizando os trámites anuais que cada administración esixiu para a renovación anual da inscrición do Club Piragüismo Ogrobe no REDIM (memorias anuais das actividades realizadas, certificados dos números de socios e relación dos membros da xunta directiva cando se houbo cambios da mesma).
É importante traer a colación que en data 13 de abril de 2009, o Concello de Grove expulsa das súas instalacións por falta de utilización habitual ó Club Piragüismo Ogrobe (folio 86 do expediente), e non é ata o 7 de maio de 2009 cando na Xunta de Goberno Local se acorda inxustamente dar de baixa no Redim ó recorrente.
Ademais o feito de estar inscritos no Redim conleva a utilización dos servizos municipais, polo tanto, en data 13 de abril de 2009, o recorrente aínda se atoparía no peor dos casos inscrito en dito Rexistro municipal, non cumpríndose o procedemento establecido a tal efecto.
É de aplicación a doutrina de vulneración do principio de legalidade, vulneración do principio de obxectividade e abuso de poder, vulneración do principio de boa fe, vulneración do principio de igualdade ante a lei, vulneración do principio de seguridade xurídica, vulneración do principio de obxectividade, vulneración do principio de publicidade e transparencia,vulneración do principio dos propios actos,doutrina de vía de feito na que incorre a Administración demandada,
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario