O MpDC vén de enviar un escrito ao Valedor do Pobo polo acontecido coas vivendas de Salgueiriños para que mobilice os organismos pertinentes e estes informen do estado no que se atopa o presente procedemento e proceda a practicar un recordatorio de deberes legais, debido á escuridade e falta de transparencia e publicidade que existe no curso de mesmo. Ademais, solicita á Comisión Provincial de Vivenda que teña por presentado escrito e informe temén do estado no que se atopa o presente procedemento.
No ano 2003 comezou o expediente para iniciar a construción do bloque de vivendas de promoción pública de Salgueiriños. En setembro de 2006 abriuse o proceso de presentación de solicitudes no Concello de Santiago. En decembro de 2009 publicouse a lista definitiva de adxudicatarios de ditas viviendas entre as que aparecía a afectada -que contactou co MpDC para pólo en coñecemento do caso- correspondéndolle a esta o expediente nº 26.
Debido ao tempo de espera desde que as vivendas foron rematadas ata que se cerre o proceso, no bloque obsérvanse algúns desperfectos, especialmente aparatos de porteiros automáticos, que por certo só foron detectados por certos propietarios, pois ata o de agora nunca se lle deixou ver o inmoble á recorrente.
Dito sexa de paso, as vivendas foron rematadas fai mais de dous anos e intentado en numerosas ocasións obter información da situación na que se atopa o proceso, non existe ningún tipo de organismo que informe do estado no que se atopa o proceso, existindo unha lentitude fóra do normal en todo o procedemento, o que provoca unha excesiva desesperación, causando enormes prexuízos a economía da solicitante.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario