O Movemento polos Dereitos Civís vén de formular conclusións a proba de xeito que a Xustiza poida resolver no caso do Concello de Vedra e o expediente que se negan a facilitar tanto a Xosefina Guitián como á propia asociación, da que é membro a dita cidadá, sexa finalmente facilitado.
O obxectivo deste trámite procedimental é que se desestime o recurso de reposición de Vedra e que ambas as dúas partes, Fina Guitián e asociación poidan acceder ao convenio Paz Camps.
O presente recurso iníciase contra a desestimación do recurso de reposición por parte do Concello de Vedra en data 2 de setembro de 2009, negando a solicitude efectuada por Xosefina Fina Guitián Lema de acceso á copia do convenio asinado entre a Alcaldía de Vedra e o pintor don Modesto Paz Camps en calidade de concelleira- portavoz do Grupo BNG e como socia da asociación “Movemento polos Dereitos Civís”.
En data 8 de maio de 2009 solicitou a Sra. Guitián, como concelleira- portavoz do Grupo BNG, perante o Concello de Vedra, acceso mediante unha fotocopia ao convenio vixente na actualidade para a xestión do Museo Paz Camps, entendendo que tal convenio é un acordo dun órgano da corporación e que por tanto os concelleiros /as poden ter acceso á fotocopia do mesmo sen necesidade de acreditar autorización previa.
Posteriormente, recibimos resposta do Concello de Vedra en sentido negativo, onde de xeito inxustificado denegaba o acceso á copia de dito Convenio, fronte o cal presentamos recurso de reposición, desestimado pola Administración demandada.
En escrito remitido por parte do Concello de Vedra a Xosefina Guitián, indícase que a recorrente xa tivera acceso á documentación obxecto do presente recurso, sen que pola parte demandada se aporten probas de ningún tipo para acreditar o acceso por parte de Dona Xosefina Guitián a dita documentación en ocasións anteriores.
Interesa destacar igualmente que da documentación presentada en ningunha se acredita que as solicitudes efectuadas por Xosefina Guitián sexan en relación obxecto do presente procedemento, é dicir, no listado do rexistro non se acredita que dona Xosefina Guitián dispoña de copia de dito Convenio nin que pola Administración demandada se lle entregara.
Tamén importa salientar que a denegación do acceso á fotocopia implica a denegación do dereito de acceso a dito expediente o que vulnera o dereito de acceso regulado na Constitución.
Non se pode dubidar da lexitimidade da solicitude presentada pola recorrente, pois só a través do expediente cuxa remisión interesa, poderá coñecer a verdadeira fonte de información e polo tanto, a verdadeira actualización de dito convenio, o que por outra parte, admitir a legalidade da actuación do Concello de Vedra, sería como non verse limitada no exercicio da participación política intrinsecamente relacionada co pluralismo político recollido na dita norma estatal.
En todo caso, a estimación do recurso será a través da solicitude presentada por Xosefina, pretendendo facer valer o dereito que lle confire a Lei 30/92, preceptos que recoñecen o dereito dos cidadáns nas súas relacións coas Administracións Públicas, ó acceso ós rexistros e arquivos das Administracións Públicas nos termos previstos na Constitución ademais do máis básico, a coñecer, en calquera momento, o estado da tramitación dos procedementos nos que teña a condición de interesado e obter copias dos documentos contidos en eles.
Hai que indicar que coa denegación da fotocopia de dito convenio estase denegando o acceso ó convenio, que dito sexa de paso sufrira unha modificación con anterioridade a solicitude efectuada por Xosefina Guitián, modificación que non era coñecida pola recorrente, pois en caso contrario xa non tería obxecto o presente recurso contencioso- administrativo.
Toda vez que a resolución obxecto do presente recurso implica unha posición da Administración demandada de total abuso de dereito e unha vulneración da imparcialidade da que deben gozar os actos administrativos e calquera resolución ditada polas Administracións, entendemos que a mesma debe decaer, ditándose resolución xudicial ó respecto estimando as pretensións de Dona Xosefina.
Por iso, solicitamos a nulidade de pleno dereito da resolución obxecto do presente recurso, porque tal e como establece a Lei 30/92 de 26 de novembro de Réxime Xurídico das Administracións Públicas, son nulos de pleno dereito os ditados prescindindo total e absolutamente do procedemento establecido.
O MpDC resume para a Xustiza o periplo de Fina Guitián e o seu propio no caso do convenio Paz Camps
Written By MpDC on 7/6/10 | 13:46
Etiquetas:
Administración de Xustiza,
concello de vedra,
Dereito de Acceso
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario