O Movemento polos Dereitos Civís vén de presentar un escrito de alegacións ante a Delegación do Goberno, a policía local de Sarria, AEPD e ante o dito Concello lugués pola instalación dunha cámara de vídeo vixilancia na zona dos viños.
Segundo se podía ler no xornal El Progreso esa cámara foi instalada por presuntamente existir actos vandálicos, o que supón unha vulneración ao dereito á honra, e á propia imaxe.
Neste sentido, o MpDC pide que a Delegación informe sobre desde cando teñen autorización estas cámaras de vídeo vixilancia, ademais de que ordene a inmediata retirada de ditas cámaras de vídeo vixilancia se non constan cumpridos os requisitos esixidos polas normas, é dicir, principio de proporcionalidade, autorización da Delegación do Goberno
e informe favorable da Comisión de Garantías.
Ademais, Dereitos Civís solicita que a Delegación do Goberno e a Policía Local informen desde cando se atopa instada dita cámara de ídeo vixilancia. Que a Delegación do Goberno informe a esta asociación se ditas cámaras de vídeo vixilancia consta cos preceptivos permisos ou autorizacións esixidas pola lexislación vixente imperante ao respecto, feito que tamén esixe policía da localidade luguesa.
Tamén pide este colectivo que a Agencia Española de protección de Datos informe se el Concello de Sarria ten inscrito o ficheiro que contén as imaxes e sons gravados polas cámaras instaladas nas súas dependencias, no Registro General de Protección de Datos daAgencia Española de Protección de Datos ademais de pedirlle que sancione o Concello de Sarria, por incumprir o disposto na Ley de Protección de Datos conforme as sancións establecidas na mesma.
Esta asociación agradecería á Delegación do Goberno e as demais partes ás que se dirixe mediante escrito de alegacións que a mantivesen informada de cantas actuacións se leven a cabo con relación a este asunto.
Videovixilancia e garantías para a sociedade
Desde o MpDC defendemos que deben primar sempre os dereitos fundamentais á honra, á intimidade e á propia imaxe así como o resto dos dereitos recollidos na Constitución española.
As cámaras resultaron de moi dubidosa utilidade noutras cidades e Concellos galegos, e neste asunto que nos ocupa, estas cámaras servirían como moito para identificar aos culpables e non para evitar o roubo ou desperfectos nas mesmas, parece sinxelo ocultar o rostro para evitar unha cámara, pero esa mesma cámara recolle a vida diaria de cantos pasan pola zona diariamente, invadindo a súa intimidade.
Outra cuestión importante é que as cámaras gravan permanentemente, polo tanto o rexistro de ditas imaxes por estaren enfocadas á vía pública precisan cumprir con tódolos requisitos que recolle a Lei Orgánica 4/1997, que se traducen en garantías para os cidadáns e que sen elas as cámaras pasan de ser un medio coa pretensión de salvagardar a vulnerar os Dereitos da Personalidade dos individuos.
Entre eses requisitos destacamos a preceptiva autorización da Delegación do Goberno, así como o informe favorable da Comisión de Garantías que han de ser anteriores á súa instalación. As instalacións fixas de videocámaras polas Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e das Corporacións Locais serán autorizadas polo Delegado do Goberno na Comunidade Autónoma de que se trate, previo informe dunha Comisión da cal a presidencia corresponderalle ó Presidente do Tribunal Superior de Xustiza da mesma Comunidade.
Ademais é oportuno proceder á regulación do uso dos medios de gravación de imaxes e sons que veñen sendo utilizados polas Forzas e Corpos de Seguridade, introducindo as garantías que son precisas para que o exercicio dos dereitos e liberdades recoñecidos na Constitución sexa máximo e non poida verse perturbado cun exceso de celo na defensa
da seguridade pública.
O principio de proporcionalidade na súa dobre versión de idoneidade e de intervención mínima son tamén factores a ter en conta á hora de instalar cámaras e cuestións que o Movemento quere saber se se cumpriron. Por todo isto e por todos os casos anteriores nos que se demostrou que as cámaras non cumprían cos obxectivos propostos e danaban a cidadanía o colectivo pide que se retiren os ditos dispositivos e que se considere moi e moito a súa instalación tendo sempre en conta o
O MpDC pide información sobre unha cámara en Sarria, que vulnera os dereitos da cidadanía
Written By MpDC on 8/6/10 | 19:00
Etiquetas:
AGPD,
Concello de Lugo,
Concello de Pontedeume,
Concello de Santiago de Compostela,
Defensor del Pueblo,
Dereito ao honor intimidade e á imaxe,
Dereito das Persoas,
Valedor do Pobo,
Videovixilancia
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario