Desde Dereitos Civís solicítase ao xulgado do contencioso administrativo número 4 da Coruña que dite sentenza pola que acorde a estimación íntegra da demanda na que se condene tanto a Delegación do Goberno como a Escola Galega de Administración Pública (EGAP), con imposición de costas ás demandadas e para tal fin presenta estas conclusións.
O Movemento polos Dereitos Civís iniciou no seu momento un recurso contra a desestimación da solicitude formulada á Delegación do Goberno para proceder á retirada das cámaras de vídeo vixilancia instaladas fixas nos exteriores das dependencias da Escola Galega da Administración por estar instalados ditos artefactos de gravación sen as preceptivas autorizacións legalmente esixidas.
Con data de 7 de xaneiro de 2009, o MpDC envía escrito á Delegación onde solicita entre outras cousas que se acredite a legalidade das cámaras instaladas nos exteriores da EGAP, así como se proceda a retirada das mesmas.
Malia a iso, no mesmo oficio a Delegación contradise e apunta que a utilización de tales sistemas de seguridade en lugares públicos resérvase exclusivamente ao uso das Forzas e Corpos de Seguridade, todo iso de conformidade a certos criterios de autorización, de procedemento e de respecto a determinados principios de utilización.
Tal e como consta de manifesto no oficio da Delegación do Goberno, a instalación das cámaras de vídeo vixilancia nos exteriores da EGAP fíxose sen contar cos preceptivos informes esixidos pola lexislación vixente, na que se impón claramente a obriga de que a instalación sexa autorizada antes de que se realice- por informe -previo- vinculante da Comisión de Garantías.
Hai que lembrar que a instalación de tales sistemas de seguridade en lugares públicos resérvase exclusivamente ao uso das Forzas e Corpos de Seguridade, todo iso de conformidade a certos criterios de autorización, de procedemento e de respecto a determinados principios de utilización.
Polo tanto, a raíz do anteriormente exposto, queda debidamente acreditado que a Delegación do Goberno en Galiza, necesariamente tiña que haber esixido á EGAP, a solicitude de autorización para instalar as cámaras de vídeo vixilancia instaladas nos seus exteriores, pois de non ser así estarían tanto a Delegación do Goberno como a EGAP vulnerando a legalidade existente en dita materia.
Dese xeito entendemos que existe unha vulneración do principio de legalidade tanto por parte da Delegación do Goberno como da EGAP, debendo recaer unha sentencia condenatoria para ambos demandados, e que se proceda a retirada de ditas cámaras de vídeo vixilancia.
Segundo a doutrina do Tribunal Supremo, o Movemento polos Dereitos Civís goza da condición de lexitimado, e por tanto conta con suficiente lexitimación activa pois como Asociación sen ánimo de lucro en defensa dos dereitos civís, interpón o presente procedemento contencioso- administrativo esixindo responsabilidade a quen corresponda pola instalación das cámaras de vídeo vixilancia instaladas nos exteriores da EGAP, solicitando que se proceda a súa retirada ó non cumprir cos requisitos legais.
A isto temos que engadirlle que a instalación das cámaras de vídeo vixilancia prexudica enormemente os dereitos dos socios desta Asociación, motivo polo cal se interpón o presente recurso contencioso -administrativo.
Connivencia entre administracións
É dicir, a Delegación do Goberno, ao ter coñecemento de que a Xunta instala cámaras nos exteriores das súas dependencias, debería publicar dita instalación e indicarlle os pasos a seguir para proceder en todo caso, ben a súa legalización ou ben á retirada das mesmas, pois estamos ante unha cuestión de interese xeral, que afecta ós dereitos dos cidadáns que diariamente se moven por diante das instalacións da EGAP.
Polo tanto, a Delegación do Goberno, unha vez que tivo coñecemento da existencia de ditas cámaras de vídeo vixilancia debera esixirlle á Dirección/titularidade da EGAP que procedera á retirada das mesmas por estar instaladas ilegalmente; e a EGAP, previamente á instalación das mesmas, debera solicitar todas os informes preceptivos esixidos pola normativa legal que existe ó respecto.
A isto hai que engadir, que a EGAP non aportou ningún tipo de proba que acredite a necesidade da instalación de ditas cámaras de vídeo vixilancia, nin sequera que as mesmas estean instaladas cos preceptivos informes esixidos legalmente , polo que entendemos que a Sentenza ditada no presente procedemento deberá ser condenatoria para ambos demandados, é dicir, para a Delegación do Goberno por incumprimento das súas funcións e do principio de legalidade, e para a EGAP por incumprimento do principio de legalidade e proceder a instalar ditas cámaras sen os preceptivos informes esixidos pola Lei 4/97 de 4 de agosto.
Por outra banda, na proba de autos, consta que os carteis poden ser lidos por calquera persoa de estatura media, cando como se pode comprobar da presenza in situ e máis nas propias fotografías aportadas ó expediente pola propia dirección do EGAP, é totalmente falso, pois os ditos carteis informativos están colocados a maioría deles a unha distancia superior aos dous metros desde o chan e en sitios que non están preto da liña visual dos viandantes.
Numerosas probas e a Lei respaldan o MpDC á hora de pedir condena para EGAP e Delegación do Goberno
Written By MpDC on 9/6/10 | 13:35
Etiquetas:
AGPD,
Delegación do Goberno,
Dereito ao honor intimidade e á imaxe,
Videovixilancia
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario