Este sábado terá lugar en terras luguesas e coruñesas unha acción nun dos lugares do país onde se calcula que máis represaliados poden estar enterrados en foxas. Será nos arredores de Aranga e está organizado por diversos colectivos entre os que se atopan a Comisión para a Recuperación da Memoria Histórica da Coruña ou Roxín Roxal, entre outros.
O Movemento polos Dereitos Civís celebra a valentía de organizadores e familias das vítimas que están a dar un enorme paso para a reparación da honra de moitos homes e mulleres asasinados pola ditadura. Desde o colectivo quere facerse público o apoio a esta actividade ao tempo que demanda a Xunta e goberno central que axilicen os trámites para a aplicación sen matices da Lei de Memoria Histórica.
Neste sentido o colectivo critica as últimas actuacións da Xunta, que lembremos recurtou en preto dun 90 por cento a investigación neste eido e que teña deixado de apoiar o proxecto “Nomes e Voces” ou que teña renunciado a seguir sufragando o proceso de exhumación das vítimas ou ten rexeitado participar no proxecto de localización de fosas son algúns dos retrocesos que o país está a vivir desde a entrada do goberno de Feijóo.
Dereitos Civís súmase, pois, a esta homenaxe ás persoas que deron a vida pola democracia e a liberdade e louba a procura de datos que axuden a poñerlle nome a moitas desas persoas asasinadas. Os historiadores cren que pode ser un dos lugares do país onde maior número de vítimas da represión franquista se atopan nun conxunto de foxas comúns.
O MpDC parabeniza o roteiro de Aranga a prol da memoria histórica
Written By MpDC on 10/6/10 | 12:59
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario