http://www.youtube.com/watch?v=wXRtId_BGIU
· Noticia publicada por "El Correo
Gallego":http://ocio.elcorreogallego.es/santiago/ecg/policia-sigue-pista-sen
ora-rayacoches/idEdicion-2009-01-16/idNoticia-384906/
A AEPD non cre que quede demostrado que as cámaras de Editorial Compostela
enfocan a rúa cando o propio periódico o admitiu e publicou unha foto. Así o
indicou o organismo estatal logo de que o pasado outubro comunicase ao
Movemento polos Dereitos Civís que investigaría as cámaras de
vídeovixilancia instaladas nos exteriores do diario El Correo Gallego.
Tal e como figura nos escritos achegados polo MpDC e tal e como admitiu o
propio medio de comunicación, os ditos dispositivos toman imaxes da rúa.
Parecía que, por fin, a Agencia ía ter en conta as vulneracións dos dereitos
nas que incorren as ditas cámaras, mais agora recúa e deixa desprotexidos
estes dereitos ao non se afirmar nos motivos polos que iniciara a
investigación.
Dereitos Civís pregúntase por que se produce ese cambio de parecer cando o
própio xornal publicou unha imaxe das súas cámaras de videovixiancia coa a
imaxe dunha cidadán que quedou perfectamente identificada. É evidente que os
dispositivos toman imaxes da vía pública sen as pertinentes autorizacións e
permisos e sen estaren instaladas polas Forzas e Corpos de Seguridade, feito
indispensábel cando se trata de cámaras que enfocan a rúa.
A Agencia, desbordada e sen vontade de facer xustiza
Últimamente a AEPD pon grandes dificultades para a presentación de
denuncias, incluso esixe que se identifique a empresa que instalou á cámara
normalmente chega con dicir onde están instaladas) así como o CIF de empresa
instaladora (non o CIF da empresa onde está instalada a cámara).
Tamén dita resolucións sorprendente como a relacionada coa instalación de
cámaras privadas no exterior dunha vivenda de A Coruña, a AEPD decidiu non
sancionar nin á empresa responsable da instalación de ditas cámaras, nin á
empresa que se encarga do mantemento, nin ós propietarios da vivenda, porque
presuntamente estes empregaron "toda a dilixencia posible para cumprir toda
a normativa legal contratando con unha empresa de seguridade autorizada a
instalación do sistema de vídeo vixilancia". Nembargante, quedara demostrado
que cometera varias ilegalidades.
A lista de supostos e resolucións incoherentes no eido de protección é moi
ampla, e sumase ao feito de que a AEPD non sanciona as Administracións,
sendo o seu resultado práctico absolutamente nulo.
Axencia Galega de Portección de Datos
Para o Movemento polos Dereitos Civís faise imprescindible a creación dunha
Axencia Galega de Protección de Datos que investigue as vulneracións que se
producen en Galiza e tome medidas efectivas contras os infractores. Deste
xeito podería estar mellor garantida unha resolución efectiva e consecuente
dos casos que se produzan no noso país no que respecta á protección de
datos.
2 comentarios:
todo iso parece un caso de deixadez de funcións de libro
habería que ir pensando en emprender accións legais contra a propia axencia de "protección" de datos
Se non son quen de facer o chollo que chimpen fora a isa xente e poñan outra
Que pasa, é que pensan montar outro INEM, nunca funcionou pero seguen a cobrar?
Está claro. no próximo venres nas xornadas sobre videovixiancia en Málaga, comentareino. Estará un membro da AGPD
Publicar un comentario