A AEPD non cre que quede demostrado que as cámaras de El Correo Gallego enfocan a rúa cando o propio periódico o admitiu e publicou unha foto. Así o indicou o organismo estatal logo de que o pasado outubro comunicase ao Movemento polos Dereitos Civís que investigaría as cámaras de vídeovixilancia instaladas nos exteriores do diario El Correo Gallego.
Tal e como figura nos escritos achegados polo MpDC e tal e como admitiu o propio medio de comunicación, os ditos dispositivos toman imaxes da rúa. Parecía que, por fin, a Agencia ía ter en conta as vulneracións dos dereitos nas que incorren as ditas cámaras, mais agora recúa e deixa desprotexidos estes dereitos ao non se afirmar nos motivos polos que iniciara a investigación.
Dereitos Civís pregúntase por que se produce ese cambio de parecer cando todo apunta a que eses dispositivos si infrinxen a lei ao tomar imaxes da vía pública sen as pertinentes autorizacións e permisos e sen estaren instaladas polas Forzas e Corpos de Seguridade, feito indispensábel cando se trata de cámaras que enfocan a rúa.
A Agencia, desbordada e sen vontade de facer xustiza
Últimamente a AEPD pon grandes dificultades para a presentación de denuncias, incluso esixe que se identifique a empresa que instalou á cámara (normalmente chega con dicir onde están instaladas) así como o CIF de empresa instaladora (non o CIF da empresa onde está instalada a cámara).
Tamén dita resolucións sorprendente como a relacionada coa instalación de cámaras privadas no exterior dunha vivenda de A Coruña, a AEPD decidiu non sancionar nin á empresa responsable da instalación de ditas cámaras, nin á empresa que se encarga do mantemento, nin ós propietarios da vivenda, porque presuntamente estes empregaron “toda a dilixencia posible para cumprir toda a normativa legal contratando con unha empresa de seguridade autorizada a instalación do sistema de vídeo vixilancia”. Nembargante, quedara demostrado que cometera varias ilegalidades.
A lista de supostos e resolucións incoherentes no eido de protección é moi ampla, e sumase ao feito de que a AEPD non sanciona as Administracións, sendo o seu resultado práctico absolutamente nulo.
Axencia Galega de Portección de Datos
Para o Movemento polos Dereitos Civís faise imprescindible a creación dunha Axencia Galega de Protección de Datos que investigue as vulneracións que se producen en Galiza e tome medidas efectivas contras os infractores. Deste xeito podería estar mellor garantida unha resolución efectiva e consecuente dos casos que se produzan no noso país no que respecta á protección de datos.
O MpDC, contrariado polas viraxes da AEPD sobre as cámaras de El Correo Gallego
Written By MpDC on 18/6/10 | 20:37
Etiquetas:
Administración de Xustiza,
AGPD,
Dereito ao honor intimidade e á imaxe
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario