Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O MpDC critica a case inexistente presenza do galego na Radio Galega Música

Written By MpDC on 26/5/10 | 13:42

Un lector do Portal Galego da Língua realizou un estudo do tipo de cancións emitidas pola Radio Galega Música, canal especializado da radio pública. As suas conclusións evidencian un “altísimo grao de españolización” da programación musical.

Segundo explica o dito lector, Música en Sesión Contínua "é un programa que cobre 83% das horas de emisión semanal da Radio Galega Música". Entre decembro e abril o idioma das cancións foi un 54,2% en castellano, 43,2% em inglés, 2,1% en galego/portugués (do cal apenas 0,4% correspondeu a artistas galegos) e 0,5% noutros idiomas (maioritariamente italiano). Ademais, este lector chama a atención sobre que cómpre "sumar as mensaxes castelanizadas entre cancións como “estás escoitando RGM”, “RGM mola, pásao”, “RGM, a túa identidade”, etc."

O Movemento polos Dereitos Civís critica esta actitude dun medio de servizo público que debe cumprir e, vistas as cifras indicadas enriba, está moi lonxe de facelo. As discriminacións ao noso idioma son xa un contínuo na emisora pública, xa que o dereito á información en galego que por lei temos foron xa marca de identidade do novo equipo dirixente do medio.

Ademais, o colectivo chama a atención sobre o feito de que as e os cidadáns están sendo privados de escoitaren música en galego na radio pública do país sen que o propio medio teña en conta a situación. Neste sentido, o colectivo cre que as mensaxes anteriormente citadas -herdadas da anterior etapa da radio- procuran enmascarar unha realidade que non é a que representan, xa que a música en galego case brilla pola súa ausencia.

Xurxo Souto e o “Aberto por Reformas”


A Radio Galega comezou a evidenciar a 'nova' etapa que se abre co regreso de Rosa Vilas a postos da máis alta responsabilidade na emisora pública. Cómpre lembrar que esta xornalista xa fora subdirectora cando a marea negra do Prestige, época na que moitos profesionais (segundo eles propios denunciaron) chegaron a ser silenciados ou apartados da locución das noticias, imprimindo na información un ton acrítico e condescente coas actuacións do Partido Popular.

Un dos primeiros cambios, esperábel e anunciado o día antes polo seu protagonista, foi o relevo de Xurxo Souto á fronte do programa musical "Aberto por Reformas" o pasado 2 de xuño, unha das fórmulas que mellores resultados deu á radio pública nos últimos anos e a través da cal numerosos grupos atoparon unha plataforma que lles permitise proxectarse á sociedade galega, unha fórmula de publicitación da que carecía o ente público galego desde a época máis gloriosa do Xabarín Club a mediados dos 90.

0 comentarios:

Publicar un comentario