Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O MpDC denuncia unha nova exhibición das forzas e corpos de seguridade, desta volta no Salgueirón

Written By MpDC on 27/5/10 | 12:41


Este martes 25 de maio ás 8:45 da mañá presentáronse traballadores do concello de Cangas, axentes da Garda Civil e da policia local para desaloxar o novo centro social que acaba de botar a andar no Salgueirón.

O MpDC denuncia o diferente baremo da xustiza polo cal adían os procesos xudiciais importantes (violación de bens públicos e incumprimento de leis ambientais, etc.) mentres actúan de xeito desproporcionado contra os activistas sociais que procuran defender espazos e dereitos. Dereitos Civís pregúntase por que efectivos de dous corpos e forzas de seguridade se alían con empregados d función pública para intimidar e ningunear a quen está a facer unha labor social.

Segundo informaron os afectados, as forzas e corpos de seguridade “intentaron entrar pola forza, arrincando a fechadura da porta principal de xeito violento, golpeando a porta e ameazando”. Logo varios axentes da garda civil, acompañados en todo momento por un traballador do concello, limitáronse a merodear polos arredores da casa.

O MpDC quere manifestar a súa solidariedade ante unha realidade tan frecuente como reiteradamente denunciada polo noso organismo: un novo caso de marxinación dun conflito social no noso país. Ademais, o colectivo lembra que este tipo de procedementos contra activistas sociais non axudan á resolución dos conflictos e si buscan anular a capacidade mobilizadora da sociedade á vez que se logra un retroceso nos dereitos e liberdades.

0 comentarios:

Publicar un comentario