Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

Acabar co exemplo de Cuba

Written By MpDC on 1/5/10 | 11:30

A folga de fame que mantén o cidadán cubano Guillermo Fariñas dende hai dous meses reavivou a enésima campaña contra a illa caribeña agora liderada por Raúl Castro. A este feito únese o precedente da morte de Orlando Zapata, considerado como preso político polos que queren convertir Cuba no seu “paraíso” particular.

A realidade é ben diferente. Zapata estaba no cárcere por cometer diversos delitos comúns. Incluso quedou libre tras unha primeira condea e non tardou nen un mes en volver a delinquir. A situación de Fariñas é similar, por máis que nos queiran “vender” outra cousa.

Que quede claro que a decisión dunha persoa de iniciar unha folga de fame ou calquera outra iniciativa é moi respetable, pero que se aproveite ese feito para manipular e falsear a realidade é unha cuestión ben diferente.

Cuba xa está acostumada a moitas mentiras. Unha delas é a da suposta brutalidade policial contra as chamadas “Damas de Branco”, que agora apoian a Fariñas como antes o fixeron con outros delincuentes comúns.

Pois ben, por máis que repetiron un montón de veces en todas as televisións as súas manifestacións, non vin ningunha imaxe da policía cubana dando un só golpe. A única actuación foi a de “levantar” ás mulleres que estaban sentadas na rúa para logo ser trasladadas. Para algúns foi un escándalo. Seguramente os mesmos que xustificaron como “actuación axeitada” a carga policial contra cidadáns valencianos que protagonizaron unha sentada no barrio de El Cabanyal.

A cuestión de fondo sobre a “polémica” cubana está moi clara. O exemplo de Cuba hai que tratar de desprestixialo. Un país onde, entre outras cousas, a sanidade, a educación, a cultura e o deporte son totalmente gratuitas e universais, non se pode convertir nun referente para o resto de América Latina. É preferible que a sanidade ou a educación sexa un negocio, ou que o acceso á cultura só o teñan os máis privilexiados.

Porque xa o dixo hai anos o Comandante Fidel Castro: “a verdadeira liberdade é a que outorga a cultura”.

Rafa Mouzo, xornalista.

1 comentarios:

and dijo...

Seguides o mesmo argumentario que coa España Franquista. "Son presos comúns", "todo é unha conspiración"... tal e como se lles decía os sindicalistas na época de Franco.

[A las declaraciones del actor español Guillermo Toledo, señalando que el activista muerto en huelga de hambre Orlando Zapata era en realidad un delincuente, el director de Greenpeace en España, Juan López de Uralde, responde categórico: "Todos somos delincuentes, sí. Marcelino Camacho también lo era en su momento".]

http://www.elpais.com/articulo/sociedad/activistas/vulnerables/elpepisoc/20100308elpepisoc_1/Tes/

Publicar un comentario