Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O MpDC chama a atención sobre o mal estado da liberdade de expresión no noso país

Written By MpDC on 3/5/10 | 14:09

Cando se conmemora o Día Internacional da Liberdade de Expresión ao Movemento gustaríalle dar algún apunte positivo, algún avance que permitise celebrar esta xornada, se ben, outro ano máis, este dereito fundamental da humanidade viviu no noso país outro ano negro.

Despedimentos encubertos nos medios de comunicación, sentenzas e actuacións desproporcionadas contra cidadáns e colectivos por somentes pensar e actuar diferente a respecto do “establecido”, multas económicas, xuízos intimidatorios e outras graves restricións e violacións da liberdade de expresión producíronse cada día de 2009.

A liberdade de expresión e de información son necesidades humanas e, polo tanto, precisan ser cubertas. O MpDC quere denunciar tamén que se use a crise como escudo para realizar despedimentos nos medios de comunicación galegos, mermando así a pluralidade informativa e pondo atrancos á cidadanía para informarse libremente, vendo así danados os seus dereitos.

Non é importante que os xornalistas sexan maltratados mentres cobren a información que se lles encomenda (nas protestas de Reganosa ou en Barcelona), chegando a casos extremos nos que son asasinados (Xosé Couso), non importa que a cidadanía lea ou escoite esta información de forma apresurada mentres almorza ou toma un café sen poder facer, xa que logo, una análise exhaustiva do que se lles di e confiando na profesionalidade destes medios.

O único imporante é a finalidade que se pode lograr coa información difundida, sen miramentos, sen pensar no dano que están a facer os ditos medios a un dereito que nin sequera se molestaron en reivindicar, xa o fixeron outros. Só se molestaron en compralo, utilizalo e celebralo neste mes de maio, mes no que se conmemora a liberdade de expresión.

Por outra banda e logo dun intenso ano de traballo, o Movemento polos Dereitos Civís tamén quere chamar a atención sobre os atentados contra a liberdade de expresión que constituiron, por exemplo, as desproporcionadas sancións a particulares e colectivos por exhibiren faixas en partidos de fútbol ou o que denunciabamos en febreiro do ano pasado tamén como a sentenza contra dous activistas galegos por queimaren unha foto do rei.

Non pode deixar de lembrar o MpDC o seu tirapuxa co Concello de Santiago polo incumprimento da ordenanza municipal sobre publicidade estática, que Bugallo segue a ignorar e que impide a cidadanía exercer con plenitude o seu dereito a expresarse libremente, malia as reiteradas sentenzas e resolucións de institucións públicas que o obrigan a cumprir a súa propia ordenanza.

Estes son só algúns dos campos e frontes e/ou denuncias que o Dereitos Civís ten abertas no último para denunciar, ante quen corresponda, calquera vulneración deste dereito fundamental como é a liberdade de expresión.

0 comentarios:

Publicar un comentario