O Movemento polos Dereitos Civís vén de coñecer que o Xulgado Contencioso-administrativo número 1 de Compostela lle require a Sánchez Bugallo un informe detallado sobre os 18 paneis informativos que a ordenanza municipal da que o propio Concello se dotou esixe instalar na cidade, indicando o lugar exacto da colocación dos mesmos. Ademais, o Xulgado pide que se acompaña o dito informe coas fotografía dos mesmos.
Comparado o informe presentado polo MpDC e o informe presentado pola xefa do servizo de contratación e servizos comunitarios do Concello de Santiago, o xulgado nº 1 de Santiago desconfía do cumprimento da Ordenanza Municipal de Publicidade Estática e Dinámica por parte do Concello. A desconfianza da Xustiza ante o Concello chega a tal punto que o xuíz solicita que o informe conteña fotografías que ilustren e verifiquen a real localización dos paneis e mediante elas comprobar que se cumpren todos os puntos da ordenanza. A máis o xulgado tampouco cree que os promotores das obras estean a cumprir co establecido no artigo 4 da ordenanza, que obriga ás empresas que realicen obras na cidade, a instalar un espazo nos seus paneis para que os cidadáns poidan colocar calquera elemento de comunicación social, por esixe un informe detallando o grado de cumprimento das mesmas.
En relación á comunicación que o concello lle fixo á Federación Galega de Construción sobre o contido da ordenanza, o Xulgado solicita que os promotores comuniquen o grado de cumprimento da obrigación prevista na ordenanza.
Que cumpra a lei
Por outra banda, o Movemento polos Dereitos Civís esixe de novo que o Concello santiagués cumpra co establecido no artigo 4 da súa propia ordenanza e obrigue ás empresas que realicen obras na cidade a que instalen un espazo nos seus paneis para que os cidadáns poidan colocar calquera elemento de comunicación social que consideren oportuno.
Desde o Movemento lembramos que Sánchez Bugallo aprobou aprobou a norma municipal o 25 de novembro de 2004, que no seu artigo 4, establece que: “o Concello habilitará na vía pública, en lugares frecuentados, soportes adecuados e en número suficiente para posibilitar a colocación de carteis ou anuncios. Ademais os promotores de obras habilitarán espazos específicos nos valados de protección das mesmas para a colocación de carteis ou anuncios. Estes espazos estarán perfectamente identificados e, en todo caso, deberán figurar en lugar visible o rótulo espazo destinado á comunicación social”.
A Xustiza obriga a Bugallo a xustificar o cumprimento da súa propia ordenanza
Written By MpDC on 29/1/10 | 13:00
Etiquetas:
Concello de Ares,
Concello de Santiago de Compostela,
Dereito á Liberdade de Expresión
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario