O Movemento polos Dereitos Civís vai formalizar a demanda
contecioso-administrativa contra a resolución do Concello de Vedra.
No 2 de setembro de 2009, o Concello de Vedra denegaba á
concelleira-portavoz do grupo municipal do BNG, Xosefina Guitián Lema,
o acceso á fotocopia do convenio asinado entre a Alcaldía de Vedra e o
pintor Modesto Paz Camps.
A resolución presentada polo Concello de Vedra alega non coñecer o
interese que pode ter Xosefina Guitián no convenio e por iso lle
denegan o acceso á información solicitada. Segundo eles, para ter
acceso á documentación do concello é necesario solicitala con algunha
xustificación.
O MpDC pon de manifesto a “desconfianza” por parte do Sr. Alcalde ante
unha concelleira que unicamente pretende estudar a posíbel mellora da
actividade cultural do concello e o bo uso de todos os recursos dos
que dispón o mesmo.
O Movemento recorda que o Real Decreto dispón que os servizos
administrativos locais estarán obrigados a facilitar a información,
sen necesidade de que o membro da corporación acredite estar
autorizado. O caso de Xosefina Guitián Lema axustase o acceso á
información e documetación correspondente ás resolucións ou acordos
adoptados polo Concello de Vedra.
Queda acreditada a ilegalidade ou inxustificación da negativa do
dereito de acceso ó Convenio Paz Camps, tendo en conta a normativa.
Esta situación de ilegalidade levanos a esixir responsabilidades as
autoridades públicas.
O acontecido
O Concello de Vedra ten firmado un convenio co pintor Modesto Paz
Campspolo que se cede a administración do edificio, propiedade do
concello, a este pintor, e polo que se regula o funcionamento deste
museo.
Desde o grupo político do BNG de Vedra pensan que o funcionamento
deste museo nos anos de vixencia deste convenio, non xustifica o
mantemento do mesmo nos termos en que está redactado. Ao respecto,
cren que instalacións destas características nun concello como Vedra,
poderían e deberían dedicarse a unha maior actividade cultural, a
maiores da exposición dun solo pintor, tendo en conta o déficit de
locais sociais e culturais que hai aínda no concello e, en concreto,
na parroquia de San Fins.
O MpDC fomaliza a demanada contencioso-administrativa contra o Concello de Vedra
Written By MpDC on 13/1/10 | 10:50
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario