O Consello Galego de Seguridade Cidadá non mantivo aínda ningunha reunión, logo de que pasase máis de dous anos da súa última xuntanza. Este organismo de consulta creouse para converterse nun órgano de participación cidadá no que estarían representados os actores sociais máis importantes do país e que serviría para trazar os programas e estratexias autonómicas en materia de seguridade. Non obstante, e a pesar da campaña mediática, o delegado do Goberno aínda non tivo a ben convocar a ningún dos membros que configuran o Consello nin comunicar cales son as liñas xerais que está a levar a cabo a institución.
O crecente número de dispositivos de control policial que se poden ver estes días por Santiago, non fan máis que alterar e crear a sensación de inseguridade á poboación de Compostela, así como os miles de turistas que se achegan á cidade nestas datas e lévanse unha impresión moi negativa do xubíleo.
O MpDC quere saber porque a Delegación do Goberno non reúne ao Consello Autonómico de Seguridade Cidadá, se Compostela atópase baixo unha alerta por atentado terrorista, por mor do atractivo que supón osos centenares de peregrinos que se achegan a compostela con motivo do Ano Santo.
O Movemento volve a crer que a existencia do Consello Autonómico revélase como unha pantomima creada para dar unha aparencia de diálogo e participación cidadá nas cuestións da seguranza, aínda que na realidade non sexa máis ca un organismo baleiro de contido.
Outra vez, batemos contra a indiferenza da administración nun asunto tan relevante como a planificación das actuacións en materia de seguridade cidadá, quedando valeiro de contido o motivo polo cal existen este tipo de Institucións.
A Delegación do Goberno aínda non reuniu ao Consello Autonómico de Seguridade Cidadá, logo de que pasase máis de dous anos dende a última xuntanza
Written By MpDC on 12/1/10 | 11:56
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario