O Movemento polos Dereitos civís vén de coñecer que a cidade herculina albergará un monumento a favor de todas as vítimas da represión franquista na comarca da Coruña. Dado o carácter memorial do monumento, coa colaboración de historiadores, estase a elaborar unha listaxe de todas as vítimas do franquismo na comarca da Coruña desde o 18 de xullo de 1936 ata a conquista da democracia, e todos eles figurarán no mesmo.
O MpDC apoia todas as iniciativas que rindan homenaxe ás persoas vítimas do inferno que supuxo o réxime franquista, un réxime que ademais de asasinar a miles de persoas en todo o estado español, mantivo durante anos políticas da represión e medo entre os cidadáns.
A lei de Memoria histórica ten como obxectivo que todos os cidadáns que padeceron a inxustiza e os agravios derivados da Guerra Civil e da ditadura franquista, teñan dereito a unha reparación moral e a unha recuperación da memoria persoal e familiar. A lei de Memoria histórica, ademais de axudar as vítimas e renderlles homenaxe, está a eliminar todos os símbolos que teñan relación coa época da ditadura e a súa aplicación é motivo de satisfacción para a asociación.
Desde o Movemento confiamos en que se continúe a facer xustiza e que todas as persoas que sufriron a perda dun familiar durante a ditadura teñan na medida do posíbel un consolo, por medio das iniciativas que está a levar as Comisións pola Recuperación da Memoria Histórica.
O MpDC celebra que A Coruña conte cun monumento ás vítimas da represión franquista
Written By MpDC on 22/1/10 | 13:23
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario