O Movemento polos Dereitos civís vén de coñecer que o xulgado de paz do Grove decretou o sobreseimento libre e arquivo da denuncia posta polo Club Pragüismo O Grobe ante o concelleiro de Deportes e o alcalde do Grove por considerar que os feitos non constitutivos de infración penal.
A asociación ve unha grande falta de competencia por parte do Xulgado de Paz do Grove, dado que dictou unha sentenza sen ter praticado as mínimas dilixencias ao respecto. Vese claramente que o xuíz de paz se posicionou do lado do Concello sen nin sequera celebrarse un xuízo onde puidera escoitar as dúas partes e así poder valorar dun modo máis obxetivo o acontecido.
A resolución do xulgado de paz pon de manifesto a falta de dilixencia da institución á hora de tomar unha decisión sobre os denunciados. As razóns xurídicas do xuíz alegan que, como non existiu violencia, intimidación ou forza nas causas, as partes teñen que resolver as súas discrepancias no procedemento administrativo ou contencioso correspondente. Ao MpdC sorpréndelle a deixadez coa que o xulgado de paz do Grove estuda as denuncias que os seus veciños lle achegan, tendo en conta a importancia que ten para a cidadanía unha institución xudicial.
Desde o Movemento polos Dereitos Civís crese na igualdade das persoas en todos os niveis, por iso chama a atención que un organismo xudicial á hora de emitir sentenza se deixe influenciar pola posición social dos denunciados sen valorar obxectivamente os feitos.
Os cidadáns teñen os mesmos dereitos que as persoas que ocupan postos de responsabilidade nalgunha administración. É máis, teñen dereito a acudir a un organismo imparcial que os defenda cando vexan que os seus dereitos son vulnerados dalgún modo. Pero cando o suposto organismo imparcial non foi quen de discernir entre persoas e posto de traballo que desempeñan, atopámonos ante sentenzas discriminatorias que non velan polos dereitos básicos dos cidadáns.
O MpDC solicita que os xulgados teñan máis coidado á hora de ditar sentenza sobre os casos e non se deixen influenciar, dado que o poder xudicial non debe depender nin estar relacionado de ningún xeito cos outros dous.
Isto xa vén de vello
No pasado verán o presidente do Club Pragüismo O Grobe, Filipe Besada, interpuxo unha denuncia contra Alfredo Bea García e José Cacabelos Rico, concelleiro de Deportes e alcalde, respectivamente do Concello do Grove, por ordenar o cambio do bombín da pechadura da porta que lle daba acceso ás instalacións que tiña o club no pavillón Náutico de Deportes do Grove.
Por mor destes feitos os membros do Club Piragüismo Ogrobe víronse obrigados a ter que abandonar as instalacións deportivas e a transportar diariamente as embarcacións nos vehículos xerando unha situación de incertidume para os deportistas e de tensión nos adestramentos.
O MpDC quere lembrar que se trata de deportistas considerados de "alto nivel", que deben gozar de especial protección por parte da Administración e aclara tamén que estes deportistas viron mermada a súa preparación de cara a participar nun campionato do mundo no mes de setembro, circunstancia tamén coñecida por Alfredo Bea pola súa condición de presidente do comité técnico da Federación Española de Piragüismo.
O MpDC considera totalmente parcial a resolución do xulgado de paz do Grove
Written By MpDC on 20/1/10 | 13:22
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario