O MpDC rexeita a política xenófoba contra os inmigrantes
Written By MpDC on 29/12/09 | 12:44
O Movemento polos Dereitos Civís apoia a concentración convocado pola rede “Somos inmigrantes” contra as políticas xenófobas que levan a cabo a asociación de comerciantes Área Obelisco e o Concello da Coruña, baixo o lema “Nós si queremos manteir@s na nosa rúa! Sobrevivir non é delito nin competencia desleal!”.
O Movemento solidarizase cós inmigrantes que para poder sobrevivir teñen que traballar na venda ambulante, baixo o mal tempo e o acoso policial. O grande asedio policial que sofren as persoas inmigrantes na Coruña, mediante a realización de redadas totalmente esaxeradas, forma parte dunha práctica habitual, denunciada en varias ocacións polo MpDC e que continúa a ser un vacio legal das administracións.
O Movemento tamén quere na rúa manteros que se viron obrigaaos a fuxir dos seus países en busca dun futuro mellor e que desgraciadamente o que atoparon foi unha especie de inferno, onde a persecución, a discriminación e a intolerancia convertéronse no seu pan de cada día. É triste observar como as administracións en lugar de axudar a crear un clima de tolerancia e igualdade cós migrantes, adícanse a crear un oco xenófobo entre a cidadanía. As insinuacións do presidente da asociación de comerciantes Área Obelisco, Antonio Amor, co respaldo do alcalde da Coruña, Javier Losada, en relación a culpabilidade dos vendedores ambulantes dos problemas económicos do pequeno comercio coruñés, converténdose nun claro exemplo da nula solidariedade e respecto por parte das autoridades cara o colectivo inmigrante.
O MpDC quere facer fincapé en que todos os inmigrantes, con ou sen papeis, posúen dereitos ao mesmo nivel que o resto de cidadáns e son as autoridades quenes teñen a obriga de velar polo súa tolerancia. Campañas sociais de sensibilización co colectivo inmigrante, como a que lanzou a Xunta de integración intercultural, son ven vistas polo Movemento, aínda que o verdadeiro problema e que simplemente funcionan como fachada, divulgan premisas que logo non se vén cumpridas e os estranxeiros son os primeiros en sufrir vulneracións nos seus dereitos. Na praxis quedan en papel mollado conlevando a ineficacia da máis alta administración galega.
Desde o MpDC sumámonos a denuncia do Foro Galego de Inmigración e amosamos o noso máis grande rexeitamento a todas as políticas xenófobas e racistas que acontezan na Galiza.
Etiquetas:
Concello da Coruña,
Dereito das Persoas,
Dereito dos estranxeiros
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario