O MpDC inicia a súa Semana Cultural dos Dereitos Civís
Written By MpDC on 11/12/09 | 14:10
Esta noite o Movemento polos Dereitos Civís comeza a súa semana cultural con diversas actividades que terán lugar en Compostela.
Hoxe a, partir das 22:30, na Casa das Crechas actuarán os grupos folk e rock Tanto nos Ten e La Pelvis. As letras de Tanto Nos Ten -música tradicional furtiva- como eles se definen, a parte de tradicionais, tamén son propias, onde o escarnio e o saber popular complementan aos ritmos bailables coma, pasodobles, muiñeiras, mazurcas ou fox-trotes, que fan de Tanto Nos Ten un grupo de música dinámico e divertido.
Pola súa banda, La Pelvis propón ao oínte un mundo delirante no que a xente sométese a cirurxía para cambiar partes do seu corpo, un mundo no que se discuten durante semanas polémicas inexistentes, un mudo onde o telexornal componse do irresoluble conflito de oriente medio, entre goberno e oposición, e deporte, véxase fútbol, un mundo onde a xente repite como papagaios argumentos inseridos nos seus cerebros polos raios catódicos.
Conferencias e mesas redondas
Do luns 14 de decembro ao venres 18 o local Asociación Cultural O Galo (San Miguel dos Agros, 2) albergará a Exposición fotográfica titulada “Actuacións policiais e dereito á folga”. A semana cultural tamén contará coa proxección de dúas películas relacionadas cos dereitos civís no local AC O Galo. O día 15 de decembro ás 20:00 pódese gozar do filme “O show de Truman” e o 18 de decembro de “O meu nome é Harvey Milk”.
Para rematar, no xoves 17 de decembro o MpDC organiza unha mesa redonda no Club Internacional de Prensa ( avd. Coruña, 6) ás 20:00 na que participarán Miguel Ángel Fernández Rodríguez (avogado), Eva Vales Fernández (asesora xurídica do MpDC) e Carlos Aymerich Cano (voceiro do grupo parlamentario do BNG).
Ademais, e dentro do Simposium pola Videovixilancia, os días 21 e 22 de decembro celebrarase en Sargadelos (rúa Nova, 16) diversas conferencias sobre a videovixilancia a partir das 19:00 horas.
O martes 22 de decembro tamén se celebrará unha mesa redonda no Club Internacional de Prensa ás 20:00 horas onde intervirán representantes dos grupos políticos máis importantes do país para debatir e expresar a súa visión sobre a o tema que centra as xornadas.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario